27/01/21

Denuncian “desigualdades e presións” contra o persoal do Concello de Redondela Os sindicatos reclaman a cobertura das baixas e que se convoque a oferta pública de emprego

 A CIG e a CSIF veñen de denunciarpublicamente as desigualdades e as presións existentes no seo docadro de persoal do Concello de Redondela, ao tempo que lembran quelevan meses reclamándolle ao Goberno local medidas concretas como acobertura das baixas, a convocatoria da oferta pública de emprego, orecoñecemento dos traballos realizados ou que se garanta a igualdadenas condicións laborais.

As centrais sindicais consideran que a mellora dos servizos públicos pasa por garantir unhas óptimas condicións laborais, polo que se ven obrigadas a solicitar do Concello que se establezan uns criterios obxectivos e maior transparencia nas decisións que afectan ao cadro de persoal. “Deste xeito evitaríase que se creen ou manteñan situacións de desigualdade que están a provocar un sistema de castas, con privilexios para algunhas persoas en detrimento dos dereitos doutras”.

Ao mesmo tempo, aseguran que varios/as traballadores/as municipais sofren presións por parte do Goberno local, tanto en horas laborais como fóra do horario estipulado, tal e como o teñen denunciado ante os sindicatos. “Chegouse, incluso, a medidas de represión contra os representantes sindicais por exercer e defender os dereitos laborais”.

Diálogo honesto

Diante disto, dende a CIG e a CSIF queren deixar moi claro non van tolerar “que o guión sexa a presión ou a represión directa contra traballadores/as ou contra a representación sindical”.

Polo que lle reclaman ao Goberno local “un diálogo honesto que poña por diante a mellora dos servizos públicos, a transparencia nas decisións, o respecto aos dereitos laborais e a defensa das condicións óptimas de traballo fronte a situacións de desigualdade”.


Ningún comentario:

Publicar un comentario