13/01/21

Vacacións e asuntos propios do ano 2021

 VACACIÓNS ANO 2021 (Convenio colectivo persoal laboral)

As vacacións anuais retribuídas do persoal serán de vinte e dous días hábiles anuais por ano completo de servizo, e o máximo que a lexislación vixente de función pública permita, ou en forma proporcional ao tempo de servizos efectivos, e os/as traballadores/as gozarano, de forma obrigatoria, dentro do ano natural e ata o quince de xaneiro do ano seguinte, e terán dereito ao goce da metade destas entre o 1 de xuño e o 30 de setembro e en períodos mínimos de cinco días hábiles consecutivos, sempre que os correspondentes períodos de vacacións sexan compatibles coas necesidades do servizo. Sen prexuízo do anterior poderase solicitar o desfrute independentemente de ata 7 días hábiles por ano natural.

Ademais do anterior, establécense catro días adicionais de vacacións en función do tempo de servizos prestados polos empregados públicos do Concello, con arranxo á seguinte táboa:

a) Por 10 anos de antigüidade: 1 día adicional de vacacións.

b) Por 15 anos de antigüidade: 2 días adicionais de vacacións.

c) Por 20 anos de antigüidade: 3 días adicionais de vacacións.

d) Por 25 anos ou máis de antigüidade: 4 días adicionais de vacacións.

.....

4. O plan de vacacións anuais será elaborado antes do 1 de abril de cada ano, de modo que cada traballador/a poida coñecer as datas que lle correspondan, polo menos con dous meses de antelación á data do comezo daquelas.

...

DÍAS DE ASUNTOS PROPIOS 2021 (Convenio colectivo do persoal laboral)

...

p) Poderase dispoñer de seis días ao ano de permiso por asuntos particulares sen xustificación, atendendo sempre ás necesidades do servizo. Ademais do anterior, o persoal do Concello de Betanzos terá dereito ao gozo de dous días adicionais de permiso por asuntos particulares ao cumprir o sexto trienio, que se incrementará nun día adicional por cada trienio cumprido a partir do oitavo

CALENDARIO LABORAL (Convenio colectivo do persoal laboral)

2. Os días 24, 31 de decembro, así como o sábado posterior ao venres santo, permanecerán pechadas as oficinas públicasO persoal laboral que preste servizo esta xornada terá dereito a un día de compensación a gozar nas dúas seguintes semanas. Os calendarios laborais incorporarán dous días de permiso cando os días 24 e 31 de decembro coincidan en festivo, sábado ou día non laborable.

Así mesmo, os calendarios laborais incorporarán cada ano natural, tantos días de permiso como festividades laborais de ámbito nacional de carácter retribuído, non recuperable e non substituíble pola Comunidades Autónoma de Galicia, coincidan con sábado no dito ano.

O día 22 de maio, festa dos/as empregados/as públicos da Administración local, só prestará servizos o persoal de rexistro, a policía e os servizos de limpeza viaria. O persoal que preste servizos esta xornada terá dereito a un día de compensación a gozar na semana do 22 de maio ou na posterior.

Tendo en conta isto, neste ano 2021, temos dereito a 8 días de asuntos particulares con carácter ordinario (os dous días adicionais en compensación do sábado 1 de maio e do sábado 25 de decembro) e, a maiores, a CIG vén de solicitarlle ao Concello a compensación do 22 de maio cun día adicional de AP tendo en conta que cadra a sábado, un día non hábil, por tanto.



Calendario 2021 Concello de... by cigconcellobetanzos

Ningún comentario:

Publicar un comentario