O Comité vén de lle solicitar por escrito ao Concello que especifique en que horario se vai realizar a redución do horario de verán, á vista de que o Convenio colectivo non concreta nin o horario nin a compensación pertinente para o persoal que por motivos do servizo non pode realizar a redución horaria.
Hai que lembrar que o artigo 9.2. do Convenio colectivo do persoal laboral indica o seguinte con respecto á redución na xornada de verán:
“Os meses de xuño, xullo e agosto, todo o persoal desfrutará dunha redución da xornada de 1 hora diaria, que se establecerá segundo as necesidades do servizo.”
Por tanto, segundo o convenio colectivo a xornada de verán comeza o vindeiro luns 3 de xuño e o Concello non fixo aínda a día de hoxe ningunha especificación con respeco á reduciçon horaria que se viña facendo ao final da xornada na maior parte dos departamentos e a modo de compensación en días libres nos que por motivos do servizo non podían desfrutar da devandita redución diaria. Debido a isto, o Comité de Empresa, por iniciativa da CIG solicitou que o Concello especifique o horario da redución diaria que
comeza a vindeira semana en aplicación do convenio colectivo
e estableza e comunique o sistema de compensación pertinente
para o persoal que por motivos de servizo non pode realizar a
redución horaria de xeito diario e que o Concello lle comunique canto antes todo o mencionado ao
colectivo do persoal laboral de cara a lle dar a coñecer o
horario en que poderá exercer o dereito recollido no artigo
9.2. do convenio colectivo.
Redución horaria por asistencia ao curso de iniciación á informátiva fóra do horario laboral
Ao igual que hai unhas semanas aconteceu coa revisións médicas, onde por primeira vez o persoal que asistiu fóra da súa xornada laboral tivo dereito á redución dese tempo na xornada do mesmo día, logo da solicitude do Comité de Empresa, este vén de solicitar tamén a redución horaria do tempo de asistencia ao curso de informática básica que o Concello organizou a través da aula Cemit para todo o persoal municipal nos casos en que este é impartido fóra da devandita xornada.
O Concello de Betanzos convocou estas semanas un curso de informática básica
aberto ao persoal entre o 3 e o 14 de xuño en horario de
08:00 h a 09:00 h e ante a existencia de diferentes horarios entre o
persoal laboral deste Concello, que fai que non todo o persoal acceda a esta actividade formativa en horario laboral, e, por tanto, resultaría
discriminatorio que non a todo o persoal se lle tivese en conta esa
hora diaria como de tempo efectivo de traballo o Comité solicitou que
o Concello compense do xeito pertinente coa redución horaria
diaria ao persoal que asiste a este curso fóra da súa
xornada laboral e lle comunique en que momento da xornada poderá
deducir esta compensación do seu horario laboral.
Neste momento, o Comité está á espera de resposta nos dous casos, mais en todo caso ten solicitada unha reunión co concelleiro de Persoal na que preguntará por este e outros temas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario