Un
número máis vémonos na obriga de falar da formación en materia de
prevención de riscos laborais específica para o sector da
construción: o artigo de opinión "Un novo atranco aos dereitos
dos/as traballadores/as do sector da construción abre o Boletín.
Seguimos coa análise realizada por Anxo Pérez Carballo, Técnico en
Prevención e Secretario Confederal de Medio Ambiente de
Desenvolvemento Sostíble, sobre a silicose no sector da rocha
ornamental, as orixes e prestacións derivadas nos casos de
incapacidade laboral, o amianto como asignatura pendente e as Fichas
Lembra. O "Estudo da incidencia da xornada de traballo na
seguridade laboral e nos riscos psicosociais" elaborado polo
Gabinete Tecnico Confederal de Saúde Laboral, pecha este número.
Neste
número pódense atopar os artigos “Un
novo atranco aos dereitos dos/as traballadores/as do sector da
construción” no
apartado Opinión, "A
silicose sigue a facer destrozos no sector da rocha ornamental" en
A fondo, “A
incapacidade laboral: orixes e prestacións” en
Información Técnica e "Amianto:
unha asignatura por aprobar" en
Sabías que...?.
Para
artigo "Fichas
Lembra, prevención de riscos na pesca"contamos
coa colaboración de Diego Castro Balboa, Técnico de Seguridade e
Saúde Laboral do ISSGA.
Como
peche, e atendendo a un tema de actualidade como é a relación
existente entre a organización dos horarios e a saúde de
traballadoras e traballadores, realízase unha revisión da
publicación elaborada polo Gabinete "Estudo
da incidencia da xornada de traballo na seguridade laboral e nos
riscos psicosociais".
Gabinete
Técnico Confederal de Saúde Laboral.
Confederación
Intersindical Galega
Ningún comentario:
Publicar un comentario