Os
orzamentos do estado para o ano 2014 xa están enriba da mesa e, amosan
un mal escenario para as empregadas e empregados públicos.
Por
resumir os orzamentos do estado para o 2014 en dúas liñas moi por
riba: non incrementarán as retribucións do 2013, e haberá que
eliminar todas as prazas que queden vacantes por xubilación do seu
titular.
En
Galiza a cousa é pior: sendo de aplicación no noso País o anterior
por ser norma básica do Estado, o máximo responsábel do PP galego
e Presidente da Xunta afirmou
na prensa que manterían as condicións do 2013, o que supón que
as empregadas e empregados públicos da Administración da Comunidade
Autónoma soportarán a sobrecarga de perder unha parte das pagas
extraordinarias, algo que só ocorre en Galiza e nalgunha outra
contada administración.
Amortización de vacantes
Para
o 2014 manteñen, un ano máis, a taxa de reposición de efectivos no
0%. Esto é, que as xubilacións que se xeneren non poden ser
cubertas, senon eliminadas. Esto afecta a todos aqueles postos que
non teñan que ver coa docencia, forzas e corpos de seguridade,
forzas armadas, incendios, sanidade, e algunhas inspeccións (fraude
fiscal, laboral e de seguridade social) ..
As
consecuencias son moitas:
- Redución de postos fixos.
- Non cobertura mediante persoal temporal.
- Incremento das cargas de traballo.
- Aumento dos tempos de tramitación das solicitudes e resolucións.
- Diminución dos efectivos que atenden aos cidadáns.
- Nalgúns casos, o emprego público será substituido por emprego privado.
No
2013 tivemos exemplos abondos de privatizacións (comedores
escolares, servizos
informáticos, extinción
de incendios, ...),
pero o máis curioso foi o da Intervención
Xeral da Seguridade Social. Este órgano da Administración do
Estado sufriu unha redución de efectivos de tal maneira que chegaron
ao punto en que o Ministerio de Emprego e Seguridade Social publicou
unha Orde na que “xustifica a contratación con empresas privadas
de auditoría” por “insuficiencia de medios”.
Máis
consecuencias desta política de eliminación de traballo público
foron o incremento das horas de traballo semanal (programa kronos), a
non compensación mediante tempo de descanso das horas extras, a
redución dos días de permiso, .. Todo xunto suma para incrementar a
carga a uns/unhas e o despedimento de outros/as.
Conxelación salarial
Sendo
norma básica no estado, o goberno de Rajoy obriga a todas as
empregadas e empregados públicos a que no 2014 non poidan ver
incrementadas as súas retribucións.
Recoñecemos
as circunstancias de crise, pero non as aceptamos: nosoutros non nos
levamos o diñeiro roubado, non nos beneficiamos das vacas gordas,
levamos dúas décadas perdendo poder adquisitivo, vai ser unha nova
conxelación sobre a redución do 2010, pasan continuamente por
diante do noso fouciño as contratacións millonarias con empresas
privadas (inclusives as campañas de propaganda nos medios de
comunicación), e porque non poden pedirnos a nosa bendición cando
utilizan o diñeiro dos cidadáns para rescatar bancos e
especuladores.
Resposta
O
panorama non é bo. Teñen o poder que lles deron os cidadáns cos
seus votos e que lles permite lexislar con maiorías absolutas e
executar as normas que eles deciden.
Pero
ese poder das maiorías non impide que manteñamos o noso dereito a
protestar, patalexar, berrar, denunciar, informar.. Terannos en
fronte.
Nota dos compañeiros/as de CIG-Administración pública.
Ningún comentario:
Publicar un comentario