No
último borrador do RD que regula a xestión e o control dos procesos
de incapacidade temporal, as mutuas perden o control, que mantén a
inspección.
Tras
reunirse novamente con representantes do Instituto Nacional da
Seguridade Social (INSS), Francisco José Sáez, que actuou como
voceiro do Foro de Atención Primaria, AP, na materia, explicou a
esta publicación que o último borrador do anteproxecto de real
decreto que regula a xestión e o control dos procesos de
incapacidade temporal (IT) recolle algunhas das propostas dos
profesionais, un proceso longo no que "pasiño a pasiño",
todas as partes van achegando posturas.
De
feito, a intención do Ministerio de Emprego é que o proceso conclúa
en 2014, polo que volverá reunirse cos facultativos de AP,
probablemente durante os primeiros días de decembro.
O
éxito fundamental que destacou Sanz é que as mutuas non asuman o
control das baixas e, polo tanto, non poidan acceder á historia
clínica dos pacientes -só aos informes de inspección e seguimento
a través do INSS-, algo que se encontraba recollido nos borradores
anteriores e preocupaba especialmente ao foro, pois consideraban que
podía supoñer unha perda de seguridade dos datos ao encontrarse
recollidos todos, e non só os relacionados con esa IT en particular.
Non
obstante, non se alcanzou aínda un acordo sobre o silencio
administrativo, pois coa redacción actual, cando a mutua considere
que o traballador pode desempeñar o seu labor, dirixirá a súa
petición de alta á inspección, e o silencio administrativo durante
cinco días naturais supoñerá a alta deste.
Os
profesionais non cren que os prazos estean axustados á realidade, xa
que neses días a mutua ten que comunicar á inspección médica que
o paciente está de alta para efectos económicos, a inspección que
informar ao médico e este ao paciente, que pode recorrer a alta se
non está de acordo, algo que, a xuízo de Sanz, poderá provocar
que, ante a dúbida, se pronuncien sempre de xeito negativo se non
teñen tempo a avaliar correctamente ao traballador de baixa
realizándolle as probas médicas precisas ou en caso de estar á
espera de dalgúns resultados.
Augura,
iso si, que non chegará á redacción definitiva do Real Decreto xa
que en cada borrador, as mutuas "van perdendo poder", polo
que espera que esta medida tampouco chegue a ratificarse.
Fonte:
prevenionar.com /Gacetamédica.com
www.cigsaudelaboral.org
Ningún comentario:
Publicar un comentario