O
61% dos traballadores cre que a súa saúde empeorou desde o inicio
da crise a causa do estrés, segundo mostrou un estudo global
realizado por Regus, que desvela que o 75 por cento deles cre que
esta situación podería mellorar se as empresas implantasen métodos
de traballo máis flexibles. E é que, as doenzas causadas polo
estrés poden empeorar o estado de saúde ou desencadear problemas
que abarcan desde a obesidade até enfermidades cardíacas, pasando
polo Alzheimer, diabetes, depresión, problemas gastrointestinais ou
asma. De feito, segundo a investigación, o 40 por cento dos
traballadores do estado español padeceu insomnio nalgunha ocasión a
consecuencia do traballo.
Así
mesmo, a enquisa tamén determinou que, no Estado español o estrés
está a provocar un aumento preocupante do absentismo (36%) respecto
de inicios da crise, prexudicando a produtividade das empresas e o
benestar do traballador. A principal razón do aumento do estrés
entre os traballdores do Estado español segue sendo a preocupación
por perder o emprego (58%) xa que, o 62% afirma sentirse menos seguro
no seu sector de traballo.Doutra banda, o aumento do estrés está a
afectar ás relacións persoais. Neste sentido, o 52% dos enquisados
afirma que os seus familiares e amigos perciben a tensión laboral ao
que está sometido e o 38% dos traballadores recoñece que está a
afectar ás súas relacións persoais cos compañeiros de traballo."A
complicada situación económica e a taxa de crecemento sen
precedentes das economías emerxentes supuxeron unha carga para as
empresas e os seus empregados. Espérase que os traballadores fagan
máis con menos. Isto pasou factura até o punto de que moitos dos
afectados atópanse ao bordo da extenuación", comentou o
responsable da enquisa.Finalmente, o estudo remarcou que as empresas
proactivas nas que se aborda o estrés dos traballadores con
solucións como o traballo flexible, teñen máis posibilidades de
conseguir un ambiente máis saudable, reducir o absentismo e mellorar
a produtividade.
Fonte:
prevention-world.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario