No
DOG do 26/12/2013, vén de se publicar a Resolución
da EGAP do 18 de decembro de 2013 pola que se publica o Plan de formación do
persoal ao servizo da Administración autonómica, da Administración
local e da Administración de xustiza de Galicia para o ano 2014.
Os
cursos formativos dispoñibles, cuxa listaxe pode consultarse
nesta ligazón,
ofertaranse nas sucesivas convocatorias ao longo do ano 2013, pero
cunha importante observación que recolle a propia Resolución da
EGAP: esta
resolución ten carácter informativo e que a execución das accións
recollidas nela queda condicionada á existencia de crédito
orzamentario.
Non
deixa de ser exemplificativo de como se está a gobernar a
Administración, cando unha Resolución publicada no DOG prevé a
posibilidade de ser incumplida por falta de crédito.
Acceder á
Resolución da EGAP
Máis info en www.cigadmon.org
Ningún comentario:
Publicar un comentario