Posición
ante a privatización definitiva de novagalicia banco e a súa
conversión en Abanca
A
CIG rexeitou participar este xoves nunha festa presidida por Alberto
Nuñez Feijoo, na que se celebrou a privatización definitiva das
antigas Caixas de Aforros. Unha venda que se pecha cun burato no
erario público de 10.000 millóns de euros. Fronte a isto, a CIG
apostou, ao longo do proceso pola conversión da Entidade nunha Banca
Pública e Galega, por iso considera que “ non tiñamos nada que
celebrar”.
Fronte
a un sistema baseado na cobiza individual, a CIG aposta polo ben
común. É por iso que nunca celebramos a privatización de ningún
ben ou servizo público, todo o contrario. Foi por iso que onte non
asistimos á festa da privatización de novagalicia. Unha festa que
nos constou ás galegas e galegos nada menos que 10.000 millóns de
euros. A cidadanía galega seguirá pagando o rescate da Entidade,
malia que xa non ser nosa porque, neste caso, tampouco admitiron a
“dación en pago”.
Un
proceso de privatización moi custoso para o erario público e que
ademais foi improvisado e chapuceiro. A modo de exemplo despois de
todo o escándalo das indemnizacións multimillonarias dos
exdirectivos, no caso de que as devolvan (sexa polo xuízo na
Audiencia Nacional, ou polo xuízo do social en Vigo) non
repercutirán no erario público senón que rematarán nos petos dos
novos propietarios.
Pero
hoxe tamén é preciso voltar a vista atrás. Queremos lembrar que
cando se iniciou o debate sobre o futuro das Caixas Galegas nós, que
fóramos a única voz crítica contra da xestión (fronte a
compracencia dos partidos e sindicatos do sistema que están
enlamados na xestión dos Méndez e Gayosos), advertíamos de que
detrás do debate sobre a fusión (que encubría tamén os desexos
dos Directivos de seguir ao mando), agochábase a intención de
privatizar as Entidades deixando a Galiza sen un instrumento
financeiro e económico de seu.
Incluso
o Estatuto de Autonomía de Galiza contempla o dereito de Galiza a
contar con Entidades Financeiras de seu. Un dereito que con esta
privatización nos nega o Partido Popular, que teima na
recentralización do Estado e na negación dos nosos dereitos como
pobo. O PP nega ao conxunto dos galegos e galegas o dereito a ter
unha Entidade ao servizo do interese común. Un dereito que só lle
recoñece a uns banqueiros venezolanos.
Pero
até chegar aquí e desde a fusión, a Entidade tivo que ser
rescatada en numerosas ocasións. Inxectáronse milleiros de millóns
de recursos públicos, destruíuse o 50% do emprego, dilapidáronse
millóns de euros expoliados á clientela con preferentes e
subordinadas e vendeuse o patrimonio e participacións industriais
das Caixas. Todo isto dun xeito opaco, sen control público e sen
fiscalización por parte do lexislativo.
Desde
unha óptica laboral, o proceso de reestruturación, que estivo
sempre orientado cara a privatización impulsado tanto polo PSOE como
polo PP, coa complicidade de CCOO e UGT, tivo un durísimo
custe laboral. Foron destruídos 5.000 postos de traballo, sen que a
día de hoxe podamos dicir que finalizase a aplicación do ERE
vixente.
Hoxe
o persoal de ABANCA sabe que ten novas normas laborais que cumprir,
que regulan aspectos tan dispares coma o “perfume persoal”, “os
pins políticos ou deportivos que se poden levar”, ou as “normas
mínimas de educación” (coma se os traballadores/as foran
túzaros), pero continúan sen saber se continuarán os despedimentos
do ERE en vigor, que Convenio se aplicará e si se modificaran as
condicións laborais. A opacidade segue dominando a actuación da
Entidade, agardamos que non sexa froito da ausencia dun plan laboral.
A
CIG continúa defendendo o dereito dos galegos e galegas a contar cun
sistema financeiro baixo control público guiado polo ben e o
interese común e non pola cobiza persoal. É por iso que seguiremos
pulando pola creación dunha Banca Pública Galega que xestione o
aforro dos galegos e galegas aquí para xerar emprego e riqueza no
pais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario