Denuncian
que son, xunto con doentes crónicos/as, os/as máis afectados/as por
esta medida
O
colectivo de xubilados/as e pensionistas da CIG anunciou esta mañá,
en roldas de prensa simultáneas en todas as comarcas de Galiza, a
posta en marcha dunha campaña informativa e de recollida de
sinaturas contra o repago farmacéutico. Nas múltiples
comparecencias convocadas denunciáronse as graves consecuencias que
esta medida ten sobre todo para as persoas máis enfermas, que son as
que máis medicamentos precisan, demandouse a gratuidade dos
medicamentos e exixiuse que a sanidade pública se siga a financiar
cos impostos, vía IRPF.
O
colectivo de xubilados/as e pensionistas da CIG lembrou que en abril
de 2012 o PP estebeleceu un sistema de copagos que afectan
esencialmente a pensionistas e doentes crónicos/as, dificultando o
acceso a medicacións e prestacións sanitarias indispensábeis para
a súa saúde, converténdose nun novo imposto á enfermidade.
Nas
roldas de prensa explicaron que ese sistema de copago consiste en
volver pagar por algo que xa se paga a través dos impostos (renda,
IVE, céntimo sanitario na gasolina...).
Tamén
denunciaron a retirada do financiamento público de máis de 400
medicamentos moi usados como os destinados a catarros, diarreas ou
estreñimento. Un 'medicamentazo' que obriga a pagar o 100% do seu
prezo nas farmacias e que afecta a toda a poboación, pero máis a un
colectivo que pola súa idade ten máis doenzas deste tipo.
Repago
de medicamentos de dispensación hospitalaria
Para
o ano 2014 o goberno aprobou tamén unha resolución pola que se
introduce o copago de medicamentos que se dispensan nas farmacias dos
centros hospitalarios. Unha medida coa que pasarían a cobrar
medicamentos que se dan para doenzas como cancro de mama, de ril,
tumores cerebrais, tumores malignos do aparello dixestivo, leucemia
mieloide crónica, artrite reumatoide, dexeneración macular ou
hepatite C crónica, entre outras.
Estes
medicamentos de uso hospitalario están aínda exentos de
copagamento, pero o goberno aprobou que as/os doentes fagan unha
achega dun 10 por cento do seu prezo, cun máximo de 4,20 euros por
envase. Malia estar aprobado, de momento, nin unha soa comunidade
autónoma, nin sequera as gobernadas polo PP, puxeron en práctica
esta medida. Porén, onte mesmo a conselleira de Sanidade, no
Consello Galego de Saúde afirmou que aínda que non se vai aplicar
de forma inminente, é unha medida equitativa.
O
copago afecta a outras prestacións da sanidade pública, ademais da
farmacéutica: prestación ortoprotésica, prestación con produtos
dietéticos e transporte sanitario non urxente e pode estenderse a
outras como as relacionadas coa saúde sexual e reprodutiva.
O
colectivo de xubilados/as e pensionistas da CIG denuncia que o PP
pretende xustificar todas estas medidas a través dun bombardeo de
falsas mensaxes que nos din que “o sistema sanitario é insostíbel”
debido ao incremento do gasto e a unha suposta sobreutilización dos
servizos porque as e os pensionistas van moito ao médico, teñen
moitos medicamentos nas súas casas...
“Ocúltase
que o estado español dedica moito menos diñeiro que a media da
unión Europea para a Sanidade Publica e ten resultados en saúde
superiores á media”, afirmaron.
Ante
esta situación aseguraron que co repago “perdemos todas e todos
pero especialmente as e os enfermos crónicos, discapacitados,
pensionistas e as persoas maiores pola pouca capacidade adquisitiva e
porque teñen máis necesidade de asistencia, tres veces superior ao
resto da poboación, por ter enfermidades crónicas que exixen
atención continuada e tratamentos custosos”.
Nas
diferentes roldas de prensa tamén se denunciou a enorme
desproporción que hai entre a cantidade a pagar polos/as
pensionistas con menos ingresos respecto do que teñen máis.
Lembrouse que a pensión media en Galiza é de 728 euros ao mes e que
hai unha grande porcentaxe de pensionistas con ingresos inferiores a
esa cantidade.
Ante
isto alertaron de que xa hai moitos/as pensionistas que están
deixando de recoller os medicamentos prescritos o que está a
provocar un deterioro da súa saúde e un incremento do gasto porque,
ao final, “teñen que recorrer máis a urxencias e se producen máis
ingresos hospitalarios”.
ACHEGAS
FARMACÉUTICAS PARA PENSIONISTAS
|
RENDA
ANUAL
|
APORTACIÓN
MENSUAL
|
|
Menos
de 18.000 €
|
8,26
|
|
Igual
ou máis de 18.000 €
|
18,59
|
|
Máis
de 100.000 €
|
62,00
€
|
ACHEGAS
FARMACÉUTICAS PARA PENSIONISTAS DE CLASE PASIVAS: 30%
do custo de cada medicina
FÁRMACOS
DE DISPENSACIÓN HOSPITALARIA:
4,20 € por envase

Ningún comentario:
Publicar un comentario