As
centrais intensifican as protestas en rexeitamento da ofensiva
represora do PP contra a resposta social aos recortes.
A campaña, promovida pola CIG, CCOO e UGT, inclúe manifestacións,
concentracións e a autoinculpación de membros dos tres sindicatos.
As
organizacións sindicais CIG, CCOO e UGT están a intensificar a
campaña de mobilizacións para rexeitar a ofensiva represora do PP
contra a resposta social aos recortes en dereitos laborais e sociais
e convoca unha serie de protestas
en todo o país nas
que reclamarán o indulto
para os traballadores/as condenados a prisión por
exerceren o seu dereito á folga. A campaña, que conta co apoio da
Alianza Social Galega (Asoga), inclúe manifestacións,
concentracións e a autoinculpación de membros das tres centrais
pola súa participación en actos en defensa da clase traballadora.
As
centrais fan un chamamento á clase traballadora a rexeitar na rúa a
criminalización da protesta social e a ofensiva penal contra o
dereito de folga por parte do Goberno español do PP e dunha Xustiza
ao seu servizo e a amosar a súa solidariedade con Carlos,
Serafín, Ana e Tamara,
para os que reclaman o indulto inmediato.
Dende
as organizacións sindicais lembran que estes catro traballadores/as
son as vítimas directas desta ofensiva, pero a represión afecta a
toda aquela persoa que exerza o dereito do mobilización.
A
xornada central desta campaña terá lugar o vindeiro luns, cando se
celebren até 11 actos de protesta en toda Galiza. Pero antes, este
mesmo xoves, unha manifestación percorrerá as rúas de Pontevedra,
cidade de Ana e Tamara. A marcha, convocada baixo o lema "Polo
emprego. Non á represión sindical", partirá da Praza da
Ferrería ás 20.30 horas e rematará diante da Subdelegación do
Goberno.
O
día seguinte, o venres 27, desenvolverase unha concentración diante
do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) na Coruña, onde
membros das tres centrais autoinculparanse por teren participado en
actos en defensa da clase traballadora, de igual xeito que o fixeron
as catro persoas condenadas.
Xa
para o luns está prevista a celebración de actos de protesta en 11
localidades do país. En Vigo, cidade de Carlos e Serafín, terá
lugar unha manifestación dende Vía Norte até o museo Marco.
Lugares e horarios das mobilizacións
- A Coruña: manifestación dende a Casa do Mar ás 20.00 h.
- Ferrol: manifestación dende a Praza de España ás 20.00 h.
- Compostela: concentración na Praza de Galiza ás 20.00 h.
- Ribeira: concentración na Praza do Concello ás 20.00 h.
- Lugo: manifestación dende a Ronda da Muralla (edificio sindical) ás 20.00 h.
- Viveiro: concentración diante dos Xulgados ás 12.30 h.
- Monforte: concentración diante dos Xulgados ás 20.00 h.
- Ourense: manifestación dende a Praza Maior ás 20.00 h.
- Pontevedra: concentraciónna Praza da Peregrina ás 20.30 h.
- Vilagarcía: manifestación dende a Casa do Mar ás 20.30 h.
- Vigo: manifestación dende Vía Norte ás 20.00 h.

Ningún comentario:
Publicar un comentario