29/05/15

UGT parece que pretende identificar aos seus votantes o vindeiro martes mediante o uso de sobres oficiais que o Concello non lle entregou á CIG

Ante a suposta intención da UGT de manipular o proceso electoral mediante a entrega das papeletas con sobres do Concello que á CIG non se lle facilitaron en igualdade de condicións, e ante o que parece ser unha manobra electoral que pretende identificar aos seus votantes e que mesmo podería alterar o resultado das eleccións sindicais, a CIG solicitoulle ao Concello e ás mesas que no día da votación os únicos sobres válidos sexan os que estarán alí mesmo a disposición dos traballadores e traballadoras e que deberían distinguirse dos que a UGT entregou nos pasados días, toda vez que á CIG non se lle entregou tal e simplemente se lle entregaron as papeletas coas candidaturas.

Desde o Departamento correspondente informaron que oficialmente non se lle entregou nada ao sindicato socialista, aínda que é obvio que a responsabilidade é da Administración se os seus empregados, neste caso delegados sindicais da UGT, utilizan documentos oficiais sen o seu consentimento. En todo caso esta manobra xa non sorprende, porque desde hai catro anos o sindicato socialista estivo tan en simbiose co goberno municipal, apoiándoo en todo o que supuxese ir contra os compañeiros e criminalizar á CIG que mesmo reparte documentación do Concello xunto coa súa propia propaganda, mais está ben que vaian da man do Concello así xa se destapa verdadeiramente quen son.

Entregóuselle unha copia da solicitude, ademais de rexistrala, aos presidentes de ambas as mesas. Estas serán as que decidirán como solucionar este problema creado por UGT, aínda que o normal sería, xa que á CIG non se lle deron as mesmas oportortunidades, que se utilizasen o martes outro tipo de sobres que os que UGT repartiu supostamente sen o consentimento do Concello.



Logo deste rexistro o Concello comunicou o seguinte, indicando que son as mesas as que deben decidir, o queconsideramos adecuado, mais non tanto que o goberno local lave as mans totalmente cando é o responsable da distribución e uso da documentación oficial.

Ningún comentario:

Publicar un comentario