Como sabedes
estamos na datas de realización da Declaración da Renda, e podedes
realizala nas oficinas que a Confederación Intersindical Galega ten
no Edificio Sindicatos, 6.º andar, na Avenida Alfonso Molina da
Coruña, para pedir a vosa cita podedes facelo previamente no 981 169
293, teléfono da centraliña da comarca da Coruña.
A
maiores, se o que precisades é unha certificación do pagamento da
cota sindical durante o ano 2014, que é un gasto deducible no IRPF
segundo o artigo 19.2 da Lei do IRPF e desgrava a contía total
pagada polas cotas sindicais reducindo a base impoñible, podedes
solicitala enviando un correo electrónico a
cigconcellobetanzos@gmail.com ou solicitala nas propias oficinas da
CIG. Lembrade revisar o borrador da renda porque aínda que debería
incluír as cotas no seu cálculo rara vez o fai e para desgravar a
cota sindical haberá que modificar o borrador en moitos casos.
Ademais, o
persoal que con motivo dos procesos xudiciais cobrou ou está pendente de cobrar salarios atrasados de anos anteriores é recomendable que acuda ás oficinas da CIG tendo en conta
que os casos teñen distintas especificidades que hai que ter en
conta á hora de presentar a declaración.
Ningún comentario:
Publicar un comentario