Os fumes producidos nos incendios
son os responsables de máis da metade das lesións e mortes que se
producen nos incendios. Os riscos para a saúde teñen crecido nos
últimos tempos debido ao incremento no uso de materiais construtivos
que ao queimarse producen fumes canceríxenos. Os bombeiros están
constantemente expostos na súa vida profesional a estos fumes, que
en moitos casos son canceríxenos.
O Instituto Nacional para a
Seguridade e Saúde Ocupacional norteamericano principiou no ano 2010
un estudo multianual co fin de investigar os efectos dos fumes de
combustión nos bombeiros, con intención de comprobar se tiñan un
maior risco de padecer cancro ou outros tipos de enfermidades debido
a súa exposición laboral.
A mostra tivo en conta a unha
poboación de 30.000 bombeiros que estiveron en activo entre o ano
1950 e o 2010, considerando obxeto de estudo as mortes por cancro e
os diagnósticos de certos tipos de tumores, como os de testículo e
próstata.
Na primeira fase do estudo, se
procedeu a comparar os falecementos e diagnósticos de cancro entre o
colectivo de bombeiros obxeto de estudo e a poboación en xeral,
atopando un pequeno incremento entre os bombeiros para certos tipos
de cancro: de pulmón e leucemia. Estos resultados coincidiron cos
obtidos noutro estudo realizado case simultáneamente nos países
nórdicos; neste último caso tivose en consideración unha mostra de
16.422 bombeiros para realizar a investigación.
Queda pendente unha segunda fase
deste traballo, no que se compararán os efectos sobre a saúde dos
bombeiros máis expostos cos dos menos expostos.
Nos EEUU, Canadá e Australia o
cancro contraído polos bombeiros está considerado como enfermidade
profesional; non é así na Unión Europea.
Os resultados da primeira fase do
estudo do INstituto Nacional para a Seguridade Ocupacional
norteamericano foron publicados recentemente e están dispoñibles na
ligazón
O estudo nórdico pode verse a
través da ligazón
Ningún comentario:
Publicar un comentario