Seguridade
Galiza conta con 403.000
tractores, o 15% do parque de vehículos de uso agrícola se temos en
consideración o total do parque estatal. Tendo en conta tamén o
ámbito estatal, o 15% dos accidentes con tractor no ano 2014 tiveron
lugar en Galiza. Dos 73 accidentes mortais que tiveron lugar en
Galiza dende o 2011, 48 producíronse en actividades non
profesionais, 23 na estrada e 2 en sinistros laborais. No que vai de
2015, xa son nove as persoas falecidas neste tipo de accidente.
A principal causa de falecemento
adoita ser o envorco do tractor ou o atropelo polo propio vehículo.
Cítase tamén a antigüidade do conxunto dos vehículos, que roza de
media os 26 anos, o que implica que en moitos casos non dispoñen dos
sistemas de seguridade axeitados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario