OIT
Segundo a OIT, cada ano sofren
lesións profesionais non mortais máis de 313 millóns de
traballadores e traballadoras, o que equivale a 860.000 persoas
feridas no traballo a diario. A cifra de mortes a causa de accidente
de traballo ou enfermidade profesional ronda os 2,3 millóns, 6.400
persoas cada día.
A OIT así mesmo fai referencia
aos custos económicos que conleva o esquecemento por parte das
empresas das tarefas relacionadas coa seguridade e a saúde, cifrando
estos custos no 4% do Produto Interior Bruto mundial, ao redor de 2,6
billóns de euros; estes custos están relacionados co tempo de
traballo perdido, interrupcións na produción, tratamento de lesións
e enfermidades profesionais, rehabilitación e indemnizacións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario