O Comité de Empresa solicitou, unha vez máis, por inicitiva da CIG, toda a información con respecto ao pagamento de gratificacións e horas extras que o Concello realizou entre os meses de xaneiro a maio de 2015. Unha vez máis continúan as irregularidades e hai persoal ao que lle pagan nun só mes máis de tres mil euros en gratificacións sen xustificar nin sequera o número de horas extras realizadas. No escrito podedes ver toda a información que solicita o Comité.
Aquí tendes un pequeno resumo sobre a documentación entregada que indica claramente que neste Concello se pagan como horas extraordinarias traballos que non o son e que o Concello gasta máis en gratificacións das que non xustifican o número de horas realizadas que en horas extras, beneficiando de xeito claro a unha parte do persoal cun reparto inxusto da partida orzamentaria.
| HORAS PAGADAS XANEIRO-MAIO 2015 |
| N.º HORAS: 354 |
| HORAS EXTRAORDINARIAS FORZA MAIOR: 9 |
| HORAS EXTRAORDINARIAS ESTRUTURAIS: 345 |
| CUSTO DAS HORAS EXTRAORDINARIAS: 4646 EUROS (354 horas) |
| CUSTO DAS GRATIFICACIÓNS: 8770 EUROS (descoñecemos o n.º de horas) |
Como outro dos problemas é que descoñecemos a información das gratificacións pagadas ao persoal funcionario, a Sección sindical da CIG, como sindicato que forma parte da Mesa Xeral de Funcionarios solicitou esta información unha vez máis e no caso de que o Concello non no la entregue tomaremos as medidas que legalmente procedan.
Ningún comentario:
Publicar un comentario