OIT
A OIT ven de publicar o informe
“Perspectivas sociais e do emprego no mundo en 2015”, no que por
exemplo se indica que só unha cuarta parte dos traballadores e
traballadoras do mundo teñen un emprego estable; o resto están
empregados a través de contratos temporais, traballan en empregos
informais sen contrato, en empresas familiares sen recibir
remuneración ou por conta propia.
A primeira edición do informe,
titulada “O emprego en plena mutación” amosa que aínda que o
emprego remunerado está a aumentar no mundo, este só representa a
metade do emprego mundial.
Os datos indican un incremento do
traballo a tempo parcial, sobre todo entre as mulleres novas.
Tamén amosan o cambio que está a
experimentar o mundo laboral, no que as relacións de traballo
tradicionais están dando lugar a un maior número de formas de
emprego atípicas, cambio que en moitos casos está relacionado co
incremento da inseguridade salarial de traballadores e traballadoras,
as desiguladades e as taxas de pobreza.
O informe constata que os pasos
dados para a ampliación da cobertura das pensións e a protección
social, están fundamentalmente disponibles para os traballadores/as
estables; ou que as desigualdades nos ingresos entre traballadores
permanentes e non permanentes están a aumentar agravadas pola
incidencia das formas de traballo non permanentes, o crecemento do
desemprego e da inactividade.
Este informe achega datos sobre o
oitenta e cinco por cento da poboación activa do mundo.
Ligazón ao informe “Perspectivassociais e do emprego no mundo en 2015”
Ningún comentario:
Publicar un comentario