Os problemas da falta de persoal no servizo de limpeza comezan a afectarlle seriamente aos cada vez máis escasos compañeiros e compañeiras que forman parte deste. O Concello, no canto de cubrir as baixas, cousa que está demostrado que pode facer á vista de que acaba de cubrir mesmo as vacacións de axuda a domicilio, teime en sobrecargar ao persoal e mesmo modificar condicións laborais á vista de dificultar a conciliación da vida laboral e familiar.
Desde a CIG consideramos a situación actual da xestión deste servizo completamente nefasta e coidamos que é hora de que o goberno municipal tome decisións firmes e inmediatas se quere demostrar que non está tentando desmantelar o servizo para logo privatizalo e externalizalo, por iso reunimos mañá o Comité coa idea de dar pasos adiante e ir máis aló toda vez que vemos que a última reunión co alcalde logo do despedimento das compañeiras do aulario non serviu para practicamente nada.
Na liña de protestas ante o descaro na vulneración de dereitos do persoal e falta de respecto que demostra o goberno municipal ao modificar condicións laborais de xeito unilateral sen negociación de ningún tipo, nin notificacións nin aos propios interesados nin ao Comité de Empresa o Comité solicitoulle por rexistro ao Concello o seguinte:
Que o Concello de Betanzos cumpra estritamente a legalidade vixente
no que ten a ver coas condicións laborais do persol laboral ao
servizo desta Administración, informe e notifique puntualmente ao
Comité de Empresa de todas as modificacións que promova e facilite
a conciliación laboral e familiar do persoal no canto de a
dificultar, nomeadamente ao persoal que a ten concedida por unha
resolución da Alcaldía vixente.
Que o Concello de Betanzos tome as medidas oportunas para cubrir as
baixas e xubilacións do servizo de limpeza de edificios e faga unha
distribución equitativa do traballo entre o persoal do mesmo
departamento non tal e como se está a facer na actualidade, posto
que está repercutindo nun claro deterioro do servizo público.
Aquí tendes o escrito rexistrado onde se relata polo miúdo a situación de vulneración da legalidade vixente en materia laboral na que o Concello está a incorrer e o Comité, por inicitiva da CIG, transmítelle o seu malestar e solicítalle que tome as medidas oportunas de cara a solucionar a delicada situación que atravesa este servizo sen facer recaer responsabilidades que non lle corresponden ao persoal nos poucos traballadores con que conta o servizo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario