Presenta ao médico/a como incompetente, ao traballador/a como delincuente e ás mutuas como entidades “todopoderosas” para facer o que queiran
O
pasado martes, día 1 de decembro, entraba en vigor o novo sistema de
tramitación das incapacidades temporais, derivado da aplicación dos
cambios lexislativos introducidos tras da aprobación do Real Decreto
da Incapacidade Temporal e da nova Lei de Mutuas. Cambios que a CIG
xa denunciou no seu momento e que afectan directamente aos dereitos e
contraprestacións dos traballadores e traballadoras por "atacar
directamente á clase traballadora”.
Para
a CIG a modificación do sistema de tramitación das Incapacidades
Temporais está intimamente ligado á reforma funcional das mutuas
que pasan a ser as salvagardas dos intereses económicos das
empresas, contra os dereitos dos traballadores e seguindo as
directrices dun goberno de dereitas e neoliberal.
Neste
sentido, Fernando Sabio, director do Gabinete Técnico de Saúde
Laboral da central sindical, entende que agora se ve con claridade o
que a CIG xa advertía cando estas reformas foron aprobadas.
“Preténdese montar un sistema no que ás Mutuas se lles dá o
encargo de reducir substancialmente as baixas dos traballadores/as,
tanto no seu número, como na súa duración co obxectivo de rebaixar
a aportación económica en base á desprotección, primando o
criterio economicista sobre a saúde e a protección dos
traballadores/as”.
Sabio
denuncia que ás mutuas se lles dan unha serie de consignas para que
fagan solicitudes de altas aos médicos do SERGAS. “Se estes queren
que a/o paciente siga de baixa teñen que meterse nun proceso de
argumentación e xustificación ben fundamentado. E aínda así a
mutua pode recorrer ao INSS para que reconsidere esa situación”.
Diante
da cantidade de altas que dá o INSS atendendo ás peticións das
mutuas, o director do Gabinete entende que este organismo da
seguridade Social tamén debe ter indicacións no sentido de
axilizalas mesmo en contra do criterio da/o medica/o de cabeceira.
“Como consecuencia comeza a haber cantidade de demandas nos
xulgados que curiosamente gañan as/os traballadoras/es fronte ao
INSS e a mutua, así que ao final os elementos de garantía non
funcionan porque están politicamente intervidos”, conclúe.
Nesa
dirección van tamén, ao entender de Fernando Sabio, outras
modificacións introducidas. “Antes ás mutuas non se lles permitía
usar fondos para facer fronte a demandas de tipo xudicial como
consecuencia de actuacións incorrectas das mesmas”, explica.
“Porén agora habilitouse un fondo de garantías e as mutuas poden
tirar del para facer fronte a actuacións polas que sexan condenadas
polos xuíces”, engade.
Sabio
asegura que isto implica que un traballador que ten que ir contra a
mutua e contra o propio INSS por unha alta indebida, terá que pagar
as taxas correspondentes para se enfrontar á administración,
mentres a mutua actúa sen ningún tipo de problema porque sabe que
pode contar con ese fondo para pagar todos aqueles casos que perda.
“Debería
haber unha responsabilidade penal para os médicos das mutuas que,
sendo conscientes do que fan, actúan cun criterio economicista
saltándose por completo o código deontolóxico básico da
medicina”, denuncia Sabio, para quen “é tremendo, porque debería
actuar a fiscalía -que tamén está intervida politicamente- dun
xeito autónomo e con iniciativa propia, cando se atopa a mutuas e
médicos destas que acumulan ducias, en ocasións centos, de
sentenzas en contra por altas improcedentes con graves
consecuencias”.
Diante
desta situación Fernando Sabio considera “inadmisíbel que con
este sistema economicista se cualifique ao médico/a de incompetente,
ao traballador de delincuente e ás mutuas de todopoderosas para
facer o que queiran”. Unha situación que, ao seu entender,
desequilibra totalmente a balanza cara un lado, deixando ao
traballador/a desprotexido/a e sen contido dereitos fundamentais como
o dereito á saúde ou á vida, amparados pola lei do paciente, a lei
sanitaria e a propia Constitución.
A análise completa publicada polo Gabinete no Boletín de Saúde Laboral
Ningún comentario:
Publicar un comentario