O Xulgado do Penal número 2 de Almería condenou a un ano de prisión e unha multa de sete meses a razón de 12 euros diarios ao promotor da obra, o representante dunha das subcontratas, o encargado da obra, a coordinadora en materia de seguridade, o arquitecto e director dos traballos, e o aparellador e encargado de execución, por un delito contra os dereitos dos traballadores por non facilitar os medios adecuados para a seguridade no traballo.
A sentenza, sobre a que cabe recurso ante a Audiencia Provincial, sinala as incidencias detectadas polo inspector de traballo que visitou a obra en xuño de 2008, momento no que detectou “graves irregularidades e deficiencias en materia de seguridade, saúde e hixiene” como a “ausencia de proteccións contra as caídas nos ocos das escaleiras” ou no oco do ascensor.
O
inspector tamén constatou a “debilidade xeneralizada” das
proteccións mediante varandas e listóns, que “máis ben parecían
cumprir unha misión cosmética que de protección efectiva”,
segundo relatou no seu informe, que figura como principal proba de
cargo na acusación do Ministerio Público. Tampouco dispoñían de
equipos de protección individual, como casco. Destacaba tamén
deficiencias na toma de enerxía eléctrica e sen certificado de
instalación.
A
xuíza María Teresa Vidaurreta identifica nos seus fundamentos a
responsabilidade que ostenta cada un dos acusados, de forma que
sinala o papel do promotor como contratista principal e responsable,
nese caso, da seguridade da obra. Igualmente, apunta ao representante
dunha das subcontratas, xa que lle foi permitido que “manipulase as
medidas de seguridade”.
Máis info en www.cigsaudelaboral.org.
Ningún comentario:
Publicar un comentario