Non é a primeira vez que o Comité de Empresa lle advirte ao Concello de diversas irregularidades con respecto aos tribunais dos procesos selectivos, como podedes ver aquí, da negativa do goberno socialista a lle pagar aos compañeiros e compañeiras as indemnizacións que por asistencia lles pertencen ao abeiro dunha norma do ano 2002, ou doutras irregularidades como a non notificación dos nomeamentos que se teñen producido, tampouco é menos certo que no que ten que ver coas retribucións e as indemnizacións o Concello bule cando se trata dos membros do goberno e retrásao cando se trata do persoal, e que as indemnizacións por asistencia a pleno e o seu pagamento son incuestionables mentres o alcalde lle adebeda indemnizacións a ducias de traballadores por asistir aos tribunais, en moitos casos fóra do horario laboral, en día libre ou mesmo estando de vacacións.
Desta volta, o goberno superouse a si mesmo ao obrigar a formar parte de tribunais a traballadores que lle comunicaron a súa obriga de abstención ao abeiro da Lei 30/1992 de réxime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común que indica CLARAMENTE o seguinte:
Artigo 28. Abstención.
1. As autoridades e o persoal ao
servizo das administracións en quen se dea algunha das cir‑
cunstancias sinaladas no número seguinte deste artigo absteranse de intervir no procedemento e comunicaranllo ao seu
superior inmediato, que resolverá o procedente.
2. Son motivos de abstención os seguintes:
a) Ter interese persoal no asunto de que se trate ou
noutro na resolución do cal puidese influír a daquel; seradministrador de sociedade ou entidade interesada, ou ter cuestión litixiosa pendente con algún interesado.
b) Ter parentesco de consanguinidade dentro do cuarto
grao ou de afinidade dentro do segundo con calquera dos
interesados, cos administradores de entidades ou sociedades
interesadas e tamén cos asesores, representantes legais ou
mandatarios que interveñan no procedemento, así como
compartir despacho profesional ou estar asociado con estes
para o asesoramento, a representación ou o mandato.
c) Ter amizade íntima ou inimizade manifesta con
algunha das persoas mencionadas na alínea anterior.
d) Ter intervido como perito ou como testemuña no
procedemento de que se trate.
e) Ter relación de servizo con persoa natural ou xurídica interesada directamente no asunto, ou terlle prestado
nos dous últimos anos servizos profesionais de calquera tipo
e en calquera circunstancia ou lugar.
3. A actuación de autoridades e persoal ao servizo das
administracións públicas nos que concorran motivos de abstención non implicará necesariamente a invalidez dos actos
en que interviñesen
4. Os órganos superiores poderanlles ordenar ás per‑
soas nas que se dea algunha das circunstancias sinaladas que
se absteñan de toda intervención no expediente.
5. A non abstención nos casos en que proceda dará
lugar a responsabilidade.
Pois o Concello pretende tomar por parvo ao persoal e indicarlle a quen se debe abster que a lei non pon o que pon, de aí que o Comité de Empresa veña de lle advertir ao alcalde por rexistro que no tribunal do proceso selectivo para a conformación dunhas listas coas Bases específicas para a formación dunha lista de substitución para a contratación de persoal laboral temporal de técnico superior en educación infantil para a gardería publicadas no Boletín Oficial da Provincia n.º 204 do luns 26 de outubro de 2015, advirte que podería ficar invalidado en calquera momento polo incumprimento do artigo 28.2 da Lei 30/1992, logo de que o Concello obrigase a formar parte do tribunal a traballadores con obriga de absterse, tal e como llo comunicaron por rexistro.
Ademais, o organismo de representación do persoal laboral lémbralle ao goberno municipal que tal e como indica a Lei 30/1992 no punto 5 a “non abstención nos casos en que procede dá lugar a responsabilidade” e que desde o momento os traballadores que se deben abster llo comunican e o Concello a obriga a formar parte do tribunal a responsabilidade é do propio Concello e das consecuencias que poidan derivar desa decisión.
O Comité, por iniciativa da CIG, decidiu rexistrar este escrito a fin de preservar a falta de responsabilidade do persoal que comunicou a situación e actuou correctamente e solicitarlle ao goberno municipal que corrixa a situación sinalada de inmediato, que conforme os tribunais dos procesos selectivos conforme a lexislación vixente e, a maiores, deixe exercer con liberdade os seus dereitos e as súas obrigas aos membros que formen parte dos tribunais dos procesos selectivos, logo de que tamén tivésemos queixas de problemas relacionados con este último punto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario