A
CIG-Administración denuncia que entre 2011 e 2015, só na comarca da
Coruña, a Xunta perdeu 1.630 traballadores/as
Desmantelamento,
privatizacións, destrución de emprego de calidade, transvase de
cartos públicos á empresa privada... Esta é a radiografía do
sector público presentada pola CIG-Administración da Coruña logo
de case un lustro de aplicación das políticas de recorte, sempre
baixo a escusa do aforro e a austeridade. Neste proceso de destrución
da esfera pública, a Federación comarcal puxo especial acento sobre
as consecuencias da entrada das axencias de colocación suplantando
as funcións que até agora realizaban os servizos públicos de
emprego.
Aínda
que os casos máis coñecidos de privatizacións se dan na sanidade e
no ensino, a entrega a capitais privados das porcións do “pastel
público” está afectando a todos os eidos da administración:
estatal, concellos, deputacións, sector de correos, universidades,
xustiza ou a administración autonómica. Así o explicaron en rolda
de prensa a Secretaria nacional da da CIG-Administración, Maricarme
López Santamariña, o Secretario de CIG-Administración da Coruña,
Eduardo Freire, e a responsábel comarcal do sector da administración
do Estado da CIG, Elisa Rodríguez.
Na
comparecencia tamén participou o Secretario da CIG da Coruña,
Xabier Filgueira, quen enmarcou este deterioro dos servizos públicos
nas políticas de recortes aplicadas polos gobernos nos últimos
anos. “Precisamente foi no sector público onde primeiro se
ensaiaron os recortes e as medidas antiobreiras que logo se
aplicarían ao conxunto da clase traballadora”, apuntou. Neste
senso, informou que este ano a central sindical conmemora o 10 de
Marzo, Día da Clase Obreira Galega, baixo o lema “Reformas
Laborais e Lei Mordaza, anulación xa!”. E con tal motivo, a CIG
ten convocada mañá, xoves, unha concentración de delegados e
delegadas ás 12:00 horas diante da Delegación do Goberno.
Destrución
do emprego público
Un
exemplo desta destrución de traballo e de servizos públicos
atopámolo na diminución do censo de persoal funcionario da Xunta na
provincia da Coruña, onde se perderon 366 postos entre os anos 2011
e 2015. Se nos fixamos no cómputo global do traballo no sector
público (incluída a sanidade e a educación), neses anos, só na
cidade da Coruña perdéronse 5.100 postos (no mesmo período, no
sector privado foron 3.200 os empregos destruídos).
A
estes datos, Maricarme López engadiu que na comarca da Coruña, en
xaneiro de 2009, había 38.423 traballadores/as da Xunta. Porén, en
xaneiro de 2015, esta cifra descendera até as 36.809 persoas; é
dicir, 1.630 traballadores/as menos. “Paralela á perda de emprego
prodúcese unha suba esaxerada da temporalidade, con contratos lixo
de fins de semana ou mesmo por horas, especialmente en sectores tan
sensíbeis como os servizos sociais, trasladándose o modelo de
contratacións precarias do SERGAS ao resto da administración
autonómica”, denunciou López Santamariña.
Elisa
Rodríguez engadía que na Administración do Estado na provincia da
Coruña foron 726 os efectivos perdidos dende xullo de 2011 a xullo
de 2015. Ademais, destacou que o actual cadro de persoal ten unha
idade media elevada, polo que nunha década se podería xubilar até
o 60% dos traballadores/as “e non se convoca oferta de emprego
público para substituír a este persoal”.
A
este respecto, Eduardo Freire, sinalaba que o reparto dos servizos
públicos en mans privadas permite ademais xustificar a amortización
das prazas existentes. Unha perda de postos de traballo á que hai
que engadir a imposición da taxa de reposición 0 durante varios
exercicios, que impediu a cobertura, entre outras ausencias, das
xubilacións. É dicir, onde antes había un emprego público estábel
agora ou non o hai, ou está sen cubrir, ou directamente foi
entregado a unha empresa privada, co conseguinte axuste das
condicións laborais e salariais.
As
contratas a empresas privadas refírense aos máis diversos servizos.
Na Xunta afectan dende tarefas de limpeza, á xestión dos comedores
escolares, servizo de consumo, tratamento dos expedientes da Lei de
Dependencia, atención telefónica no Servizo de Valoración de
Discapacidades, encomendan diversas na Subdirección Xeral de
Meteoroloxía, Agader, etc.
Na
administración estatal temos o caso do Catastro, fragmentado e
repartido en múltiples contratos, a dixitalización dos expedientes
de xubilación da clases pasivas ou mesmo a privatización da
recollida de datos e o estudo das mostras das principais enquisas do
INE: a EPA e os Presupostos Familiares. Incluso a atención
telefónica da Tesourería da Seguridade Social ou da Axencia
Tributaria foron externalizadas. Nesta última os servizos de cita
previa, a información tributaria básica e a atención ao/á
contribuínte ,“polo que agora cando un/ha contribuínte chama a
esta administración non é atendido por un funcionario ou
funcionaria, senón por un/ha teleoperador/a que, supomos, recibiu un
cursiño rápido de formación”, advertiu Elisa Rodríguez.
Na
Xustiza están externalizados os servizos de tradución e mesmo as
peritaxes e as taxacións xudiciais, dándose casos tan esperpénticos
como que non se poida sacar a poxa un ben embargado polo xulgado xa
que a empresa adxudicataria non fai a taxación porque di que a Xunta
non lle paga.
Fragmentación
dos contratos para evitar o concurso
Para
escapar da fiscalización, as distintas administracións recorren á
fragmentación dos contratos para non ter que convocar un
concurso para a adxudicación (como ordena a lexislación vixente) e
así asignar a obra ou o servizo de xeito directo á empresa elixida.
Este exceso de contratacións e a picaresca dos gobernos para escapar
da fiscalización é tan palpábel que até foi denunciada polo
Tribunal de Contas en diversos informes.
A
maraña de contratos é de tal calibre que, nun ano, a Seguridade
Social chegou a facer até 20.270 contratos menores por valor de
36.58 millóns de euros. A Dirección Provincial do INSS da Coruña
no mesmo día chegou a adxudicar 2 contratos diferentes polo importe
de 23.479 euros á mesma empresa pola vixilancia nocturna.
A
Autoridade Portuaria da Coruña rizou o rizo contratando a unha
empresa de Valencia para desenvolver a coordinación de actividades
dentro do Porto da Coruña. “É dicir, para realizar unha
actividade de índole empresarial polo interior do peirao hai que
falar con Valencia, pero non en galego, que non te entenden”,
aseverou Freire.
Entrada
de ETTs e Axencias de Colocación no SEPE
Neste
marco de baleirado do público, resulta absolutamente escandalosa a
suplantación –permitida legalmente polo goberno de Mariano
Rajoy mediante o Decreto 1796/210- da funcións propias dos servizo
públicos de emprego por parte de empresas privadas, convertendo o
desemprego nunha mina de cartos para estas axencias de colocación.
O
BOE do 24 de xuño de 2014 publicaba o nome das 80 axencias privadas
seleccionadas para colaborar co SEPE, nun contrato cun valorado en
200 millóns de euros a repartir en catro anos, e ás que a
administración pagará unha contía fixa por cada persoa que
consigan inserir no mercado laboral e por persoa cuxa inserción lle
recomende con independencia do resultado.
Ademais,
abonará un incentivo por especial dificultade de inserción, outro
polo mantemento do emprego e mesmo se estabelece un pago de até o
15% do pago por inserción se se inicia un procedemento que conclúa
coa imposición dalgunha sanción á persoa desempregada. Isto é,
sométese aos parados e paradas a grupos de presión, onde o SEPE se
pode converter no verdugo ou colaborador necesario na criminalización
dos sectores máis vulnerábeis.
• Prezos
máximos por desempregado ou desempregada
|
Rango de idade
|
Tempo de paro
|
|||
|
Menos 6 meses
|
De 6 meses a 1 ano
|
De 1 a 2 anos
|
Máis de 2 anos
|
|
|
De 25 e menos
|
300€
|
575€
|
1.100€
|
1.850€
|
|
De 26 a 29 anos
|
300€
|
575€
|
1.100€
|
1.850€
|
|
De 30 a 44 anos
|
300€
|
625€
|
1.250€
|
2.300€
|
|
De 45 a 54 anos
|
350€
|
725€
|
1.850€
|
3.000€
|
|
55 ou máis anos
|
600€
|
1.275€
|
3.000€
|
3.000€
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario