A CIG conmemora este 8 de marzo baixo o lema “Precarias”, para denunciar as infames condicións laborais, salariais e de vida que padecen as traballadoras galegas
“Inactividade,
desemprego, eventualidade, empregos a tempo parcial, fenda salarial,
economía somerxida e infrasalarios”. Así resumiu Margarida
Corral, Secretaria das Mulleres da CIG, a situación laboral que
padecen a maioría das traballadoras galegas, na rolda de prensa de
presentación do Informe sobre a “Situación Laboral das Mulleres
en Galiza” en 2015 e da campaña arredor da que a CIG conmemorará
este 8 de marzo, que se desenvolverá baixo o lema que “Precarias”.
E
é que a crise non fixo máis que agravar a xa precaria situación
laboral á que están sometidas, nunha porcentaxe moi elevada, as
mulleres traballadoras en Galiza. Segundo explicou a responsábel do
Gabinete de Economía da CIG, Natividade López, que compareceu xunto
a Corral na rolda de prensa, desde o ano 2009, non só descendeu o
número de mulleres polas que se declararon ingresos á Axencia
Tributaria (-28.974), senón que tamén descenderon os ingresos das
que os perciben.
Aumenta
o número de traballadoras pobres e diminúen os seus ingresos
De
feito, hai menos mulleres asalariadas que no ano 2009 en todos os
tramos de ingresos agás o máis baixo, até o punto de que o 20% do
total de asalariadas ingresa menos da metade do SMI, isto é, que
tiveron ingresos inferiores a 1.871€ ao ano.
Xunto
a isto, un 16% de asalariadas tiveron uns ingresos de entre a metade
e o SMI (entre 1.871 e 6.834 €), o que sumado ás anteriores dá
como resultado que un 36% das mulleres asalariadas non acadaron uns
ingresos equivalentes ao SMI.
Fronte
a isto, no tramo oposto “hai menos ricas, pero con maiores
ingresos”. Así, en 2009, había 955 mulleres con ingresos
superiores a 10 veces o SMI e en 2014 eran só 607. As desigualdades
incrementáronse neste período até o punto de que “unha muller do
tramo de ingresos superior ingresa o mesmo que 72 mulleres do tramo
inferior”.
Esta
situación ten as súas causas nos cambios que se produciron nestes
anos no mercado laboral.
Descende
a actividade entre as mulleres máis novas
Desde
o ano 2009 perderon o seu emprego 37.400 mulleres en conxunto, pero
entre o tramo dos 25 aos 34 anos foron 42.200. Estímase que hai un
total de 1.200 activas menos desde esa data. Porén, entre as menores
de 35 anos hai 51.500 activas menos, o que implica que son os tramos
máis altos de idade os que compensan esas cifras.
Ademais
desde 2009 perdéronse 53.100 postos de traballo a xornada completa
entre as mulleres e aumentaron en 15.800 os postos a xornada parcial.
“Non só se destruíu emprego globalmente”, sinalou López
Gromaz, responsábel do Gabinete de Economía da CIG, “senón que
se produciron reestruturacións entre as ocupadas a favor das
xornadas parciais”.
Xornadas
que, por outra banda, non son voluntarias, xa que se en 2009 o 46%
das mulleres con este tipo de xornada alegaban como motivo para optar
por esta modalidade que non atopaban traballo a xornada completa,
agora son o 66% as que alegan esta causa.
Só
emprego temporal
Dos
datos do Informe tírase ademais que en 2015 só se creou emprego
temporal e, neste caso, os datos son especialmente rechamantes:
asináronse ao longo do ano un total de 411.510 contratos iniciais a
mulleres, pero só aumentou o emprego en 5.300 traballadoras, o que
dá idea do tipo de contrato que tiveron. De feito, só o 4,9% deses
contratos foron indefinidos e o resto baixo algunha modalidade de
contratación temporal. O máis grave é que o 30,9% duraron menos de
unha semana e os que duraron entre unha semana e un mes achegáronse
ao 44,3%.
O
traballo salienta ademais a elevada porcentaxe de mulleres con máis
de dous anos no desemprego, o 43,3% do total, “o que as deixa fóra
das prestacións contributivas por desemprego e nunha situación de
desamparo social”, conclúe López Gromaz.
“PRECARIAS”
Margarida
Corral atribuíu esta situación ás reformas laborais, ás fiscais
–que incrementaron as desigualdades- e aos recortes sociais.
Lembrou que a feminización da pobreza non é un fenómeno novo e
denunciou que, en todo caso, “nos últimos anos, a proporción de
mulleres entre a poboación pobre medrou”.
Para
Corral, “este feito contribúe a un crecente empobrecemento
material das mulleres, a un empeoramento das súas condicións de
vida e á vulneración dos seus dereitos fundamentais que marca o
presente, máis tamén o seu futuro”.
Diante
desta situación, a secretaria das Mulleres da CIG considerou
fundamental que a CIG estea na rúa denunciando esta situación e
anunciou que, este ano para a xornada de loita que todos os 8 de
marzo convoca a CIG escolléronse as tendas do grupo Inditex porque a
meirande parte do seu persoal “son mulleres, con contratos a tempo
parcial, que traballan a un elevado ritmo de traballo, con grande
rotación, salarios baixos, ás clase se lles dificulta a
conciliación, mentres as empresas conseguen millonarios beneficios a
costa da explotación das traballadoras”.
Nesta
situación situou tamén ás traballadoras de venda, ás que
denunciou que se lles exixe ter boa presenza e sofren discriminacións
por razón de idade, xa que, afirmou, “a media de idade é de 28
anos e agochan ás de máis de 40 nos almacéns, ou prexubilan ás de
máis de 50.
Corral
non esqueceu tampouco ás traballadoras dos centros loxísticos, que
“teñen que facer horas extra para poder sacar nunha xornada de
traballo a cantidade de prendas marcadas polos ritmos de
robotización”; nin ás que son explotadas por estas mesmas
empresas nos países pobres, nas fábricas de confección de roupa.
Concentracións
A
CIG convoca ás 12:00 horas do 8 de marzo concentracións simultáneas
que terán lugar en:
A
CORUÑA:
na Praza de Lugo, na esquina do Zara Home
FERROL:
diante da Confederación de Empresari@s, no Cantón
SANTIAGO:
diante do Zara na Praza de Galiza
VIGO:
diante do Stradivarius na Avenida de Urzaiz
LUGO:
diante da Confederación de Empresari@s, en Santo Domingo
PONTEVEDRA:
na Praza 8 de marzo
OURENSE:
diante do Gadis da Rúa do Concello
INFORME:
“SITUACIÓN LABORAL DAS MULLERES EN GALIZA (ANO 2015)”
PRECARIAS
A
crise, as reformas laborais implantadas ao seu abeiro e que
deterioraron os dereitos laborais, as reformas fiscais que
incrementaron directamente as desigualdades, a redución da
capacidade distributiva do sector público, etc., fixeron agromar
unha nova figura laboral -xa case esquecida- que se vén coñecendo
como “pobre laboral”, un traballador ou traballadora con emprego
pero cuxos ingresos non lle permiten superar a liña de pobreza.
Desde
que esta nova realidade socioeconómica se instalou, para as persoas
traballadoras que accederon ao mercado de traballo nos últimos anos,
é máis fácil seguir sendo pobre, a pesar de ter un traballo, que o
contrario. Tamén os traballadores e traballadoras que se manteñen
no posto de traballo viron reducidos, na maioría dos casos, os seus
ingresos: baixada ou conxelación salarial, a inflación que minguou
o poder adquisitivo, intensificouse o traballo…
Xunto
a isto reduciuse a capacidade distributiva do Estado, por mor dunha
política fiscal, regresiva, que minguou os ingresos do Estado e
contribuíu a incrementar as desigualdades, xa que ao reducírense os
ingresos -para “cumprir con Bruxelas”- reducíronse os gastos,
fundamentalmente os gastos sociais.
Así,
reduciuse o gasto en sanidade (menos persoal, privatizacións de
determinados servizos, copagamento farmacéutico..); reducíronse as
prestacións por desemprego, empobrecendo aínda máis os parados e
paradas; diminuíron as axudas a dependencia, etc. Paralelamente a
isto, incrementouse abusivamente o prezo de determinados bens e
servizos como os enerxéticos, medicamentos, alimentos…, o que
levou a un empobrecemento xeneralizado da maioría poboación, pero
nomeadamente dos estratos socias máis desfavorecidos, como persoas
pensionistas, migrantes, sen emprego e, moi especialmente, as
mulleres.
A
redución do gasto social leva a un empobrecemento da poboación e a
un medre das desigualdades. O FMI estima que o gasto público corrixe
nun terzo as desigualdades que crea o mercado. Isto, sen esquecer que
a maior desigualdade e pobreza a provoca o desemprego.
Se
antes da crise -ano 2007/2008- se dicía que a pobreza tiña cara de
muller, hoxe, logo desta longa travesía de destrución de emprego,
redución de salarios, perda de poder adquisitivo, de dereitos
laborais, recortes nas axudas públicas…, a pobreza estendeuse a
máis capas da sociedade, e acuñouse o termo “pobre laboral” que
acolle tanto a homes como a mulleres. Porén, estas novas pobres
véñense a sumar ás xa existentes, polo que a faciana da pobreza
cada vez está máis feminizada. A comezar, por unha menor
participación das mulleres no mercado de traballo, pois a taxa de
actividade das mulleres situouse de media no ano 2015 no 48,7%, 10
puntos menos que a dos homes, que para as mesmas datas andou polo
58,6%.
Menor
participación no mercado de traballo, no caso das mulleres, implica
maior dedicación a traballo non remunerado, como é o coidado da
casa e dependentes. A situación destas mulleres neste período
deteriorouse, especialmente das que coidan de dependentes polas
reducións das axudas destinadas a este fin.
Logo
das inactivas, situamos as activas pero paradas. Así, a taxa de paro
feminina acadou no ano 2015 o 20% das mulleres activas (18,7% no caso
dos homes); tamén neste caso a crise acurtou as diferenzas. Foron
120.000 mulleres no ano 2015 as que de media non tiveron un emprego,
a meirande parte delas sen ningún tipo de cobertura por desemprego.
Non dispomos dos datos para Galiza, desagregados por sexo, das taxas
de cobertura do desemprego, pero os da media do Estado poden servir
como referencia. Nos devanditos datos constátase que as mulleres
teñen un nivel de protección máis baixo e de peor calidade que os
homes. De feito, a taxa de cobertura é 6 puntos inferior á dos
homes (55,7% fronte a 61,7%) e a prestación contributiva que reciben
as mulleres é un 19% inferior á dos homes.
Despois,
están as ocupadas, e aquí a pobreza tamén é cada vez máis
evidente. Para demostralo, ímonos servir dos datos da Axencia
Tributaria; sen dúbida, a información máis exhaustiva dispoñíbel,
xa que recolle os datos de todas as mulleres polas que, durante o
ano, declararon ingresos á facenda.
Distribúense
as asalariadas en tramos de salario en relación ao Salario Mínimo
Interprofesional (SMI), e para cada tramos de ingresos, o número de
asalariadas que acolle, así como o Salario Medio Anual (SMA)
percibido.
Os
datos do ano 2009, xunto coa foto fixa do último ano, permítennos
analizar a evolución neste período.
2009
|
2013
|
2014
|
14/09
|
|||||
Tramos
de salario
|
Asalariadas
|
S MA
|
Asalariadas
|
S MA
|
Asalariadas
|
S MA
|
Asalariadas
|
SM
|
Total
|
479.849
|
15.594
|
447.647
|
15.383
|
450.875
|
15.414
|
-28.974
|
-180
|
De
0 a 0,5 SMI
|
86.771
|
1.898
|
92.839
|
1.861
|
93.496
|
1.871
|
6.725
|
-27
|
De
0,5 a 1 SMI
|
73.964
|
6.607
|
68.045
|
6.825
|
68.988
|
6.834
|
-4.976
|
227
|
De
1 a 1,5 SMI
|
89.738
|
11.036
|
75.341
|
11.449
|
74.842
|
11.402
|
-14.896
|
366
|
De
1,5 a 2 SMI
|
74.064
|
15.042
|
69.611
|
15.657
|
70.211
|
15.656
|
-3.853
|
614
|
De
2 a 2,5 SMI
|
45.239
|
19.539
|
43.629
|
20.172
|
44.041
|
20.178
|
-1.198
|
639
|
De
2,5 a 3 SMI
|
30.265
|
23.813
|
28.038
|
24.770
|
27.903
|
24.761
|
-2.362
|
948
|
De
3 a 3,5 SMI
|
20.517
|
28.355
|
22.118
|
29.264
|
22.578
|
29.270
|
2.061
|
915
|
De
3,5 a 4 SMI
|
16.301
|
32.651
|
16.194
|
33.787
|
16.305
|
33.762
|
4
|
1.111
|
De
4 a 4,5 SMI
|
14.575
|
37.120
|
13.594
|
38.118
|
13.662
|
38.147
|
-913
|
1.027
|
De
4,5 a 5 SMI
|
11.932
|
41.281
|
5.937
|
42.569
|
6.174
|
42.567
|
-5.758
|
1.286
|
De
5 a 7,5 SMI
|
12.547
|
50.941
|
9.724
|
53.562
|
9.989
|
53.581
|
-2.558
|
2.640
|
De
7,5 a 10 SMI
|
2.980
|
74.191
|
1.976
|
75.771
|
2.078
|
75.879
|
-902
|
1.688
|
Máis
de 10 SMI
|
955
|
117.678
|
601
|
143.287
|
607
|
136.754
|
-348
|
19.076
|
Asalariadas
e salarios medios anuais.
Fonte:
Elaboración propia a partir dos datos da Axencia Tributaria.
Desde
o ano 2009, ano a partir do cal comeza a notarse no mercado de
traballo os efectos máis devastadores da crise (e que curiosamente
en Galiza coincide coa chegada o goberno do equipo de Feijoo), as
mulleres polas que se declararon ingresos á Axencia Tributaria
descendeu un 6% -28.974 mulleres menos-. Os ingresos destas mulleres
tamén descenderon; de media, ingresaron 180 euros menos ao ano, unha
caída do 1,15%, mais con diferenzas segundo no tramo de ingresos no
que nos situemos. Só aumentaron as asalariadas no tramo de menores
ingresos, e foi neste no único onde descendeu o SMA.
En
maior ou menor medida hai menos mulleres asalariadas que no ano 2009
en todos os tramos de ingresos salvo no primeiro -as de ingresos
inferiores a metade do SMI-, tramo no que declararon á Axencia
Tributaria 6.725 mulleres máis, chegando ás 93.496 mulleres -o 20%
do total-, cuxos ingresos foron inferiores aos 1.871 euros ao ano.
Unha cantidade, así mesmo, inferior ao ano 2009, no que este grupo
ingresara un SMA de 1.898€. No ano 2009 este grupo representaba o
17,9% do total.
Hai
menos ricas, pero con maiores ingresos; e hai máis pobres e con
menores ingresos.
Concretamente no ano 2009 había 955 mulleres con ingresos superiores
a 10 veces o SMI; en 2014, 607 (un 36,4% equivalente a 348
asalariadas menos), pero cuns ingresos un 16% superiores (19.076
euros máis, alcanzando os 136.754 € ao ano). Na outra cara da
moeda están as de menores ingresos. En 2009 eran 86.771 as mulleres
cuxos ingresos non acadaban a metade do SMI; en 2014, hai 6.725 máis,
alcanzando as 93.496. E os ingresos destas mulleres descenderon en 27
euros, quedando de media en 1.871€ ao ano. Así, unha muller do
tramo de ingresos superior ingresa o mesmo que 73 mulleres do tramo
inferior.
No
seguinte tramo, están as asalariadas cuxos ingresos se situaron
entre a metade e o SMI (entre 1.871 e 6.834 euros). Son apenas o 16%
do total. Así, sumadas ás anteriores, temos que o 36%
das mulleres asalariadas non acadaron uns ingresos equivalentes ao
SMI no ano 2014.
No ano 2009, supuñan o 33,5%.
Aínda
que non é necesario facer comparanza cos homes para amosar a forte
precarización salarial que estamos padecendo, se o facemos -se
comparamos cos homes-, a realidade aínda é máis amarga.Mantense
a fenda salarial por volta do 22% de media (4.432 euros ao ano de
media).
E isto non só por causa duns menores ingresos medios, senón pola
maior presenza das mulleres nos grupos de menores ingresos. Só un
exemplo; entre as persoas traballadoras con ingresos salariais anuais
inferiores á metade do SMI, o 53% son mulleres. Entre as que
ingresan máis de 10 veces o SMI, as mulleres apenas representan o
15%.
Son
moitos os factores que explican estas diferenzas, algúns claramente
identificábeis na análise do mercado de traballo.
Comezando
polas principais variábeis básicas, e comparando co ano 2009, temos
unha primeira imaxe da realidade laboral das mulleres.
Principais
variábeis. Datos en miles.
Mulleres
|
Variación
|
||||
2009/IV
|
2014
|
2015
|
15/14
|
15/09
|
|
Galiza
|
|||||
Total
|
1.255,30
|
1.234,40
|
1.229,20
|
-5,20
|
-26,10
|
Activas
|
600,3
|
605
|
599,1
|
-5,90
|
-1,20
|
Poboación
ocupada
|
516,4
|
473,7
|
479
|
5,30
|
-37,40
|
Poboación
parada
|
84
|
131,2
|
120
|
-11,20
|
36,00
|
Poboación
inactiva
|
655
|
629,5
|
630,1
|
0,60
|
-24,90
|
Fonte:
EPA.IGE.
Ao
contrario que entre os homes, no caso das mulleres a crise serviu
como “dinamizadora” laboral. A medida que os homes ían
abandonando o mercado de traballo, as mulleres incorporábanse. De
feito, até este último ano a poboación activa feminina aumentaba,
mentres a masculina descendía ano tras ano. O contrario ocorría cos
poboación inactiva; a masculina aumentaba mentres a feminina
descendía. Noutros informes xa temos analizado este feito,
concluíndo que a falta ou redución de ingresos, ao quedar o varón
sen emprego, foi o que levou a moitas mulleres a saír a busca dun
traballo. No ano 2015, esta tendencia freouse e descendeu o número
de activas e medrou o de inactivas. Así, a taxa de actividade
feminina sitúase no 48,7%, 10 puntos por debaixo da masculina. No
ano 2009, esta diferenza era de 14 puntos.
Novo
descenso da actividade entre as mulleres máis novas.
Ao
desagregarmos a poboación activa feminina por grupos de idade, vemos
unha realidade moito máis preocupante da que se pode extraer dos
números globais, xa que a perda de activas se produciu unicamente
entre as máis novas.
Mulleres
activas por grupos de idade.
Mulleres
|
Variación
|
||||
2009/IV
|
2014
|
2015
|
15/14
|
15/09
|
|
Total
|
600,3
|
605
|
599,1
|
-5,90
|
-1,20
|
de
16 a 19 anos
|
4,1
|
3,9
|
3,2
|
-0,70
|
-0,90
|
de
20 a 24 anos
|
39,5
|
28,6
|
26,7
|
-1,90
|
-12,80
|
de
25 a 29 anos
|
76,1
|
59,4
|
55,3
|
-4,10
|
-20,80
|
de
30 a 34 anos
|
94,6
|
81,4
|
77,6
|
-3,80
|
-17,00
|
de
35 a 39 anos
|
88,5
|
97,3
|
95
|
-2,30
|
6,50
|
de
40 a 44 anos
|
84,1
|
90,6
|
90,7
|
0,10
|
6,60
|
de
45 a 49 anos
|
74,7
|
83,7
|
83,1
|
-0,60
|
8,40
|
de
50 a 54 anos
|
61
|
70,7
|
70,4
|
-0,30
|
9,40
|
de
55 a 59 anos
|
43,3
|
54,2
|
57,4
|
3,20
|
14,10
|
de
60 a 64 anos
|
27,9
|
30,6
|
34,6
|
4,00
|
6,70
|
de
65 e máis anos
|
6,6
|
4,5
|
5,2
|
0,70
|
-1,40
|
Fonte:
EPA.IGE.
No
último ano, globalmente descendeu a poboación activa feminina en
5.900 mulleres, pero con evolucións moi distintas segundo as idades.
Así, o descenso afectou, novamente, ás menores de 35 anos entre as
cales se estiman 10.500 activas menos. A partir desta idade aumenta,
sobre todo a partir dos 55 anos.
Se
nos retrotraemos a 2009, vemos que, a pesar de que en conxunto só se
estiman 1.200 activas menos, entre as menores de 35 anos hai 51.500
menos, e a partir desta idade aumentan considerabelmente até
compensar, practicamente, o descenso das máis novas.
Continúa
a perda de ocupación entre as mulleres máis novas.
Mulleres
ocupadas. Datos en miles.
Mulleres
|
Variación
|
||||
2009/IV
|
2014
|
2015
|
15/14
|
15/09
|
|
Total
|
516,4
|
473,7
|
479
|
5,30
|
-37,40
|
De
16 a 24 anos
|
28,7
|
16,9
|
17,7
|
0,80
|
-11,00
|
De
25 a 34 anos
|
142
|
104,2
|
99,6
|
-4,60
|
-42,40
|
De
35 a 44 anos
|
152,1
|
147,7
|
149,2
|
1,50
|
-2,90
|
De
45 a 54 anos
|
121,3
|
127,5
|
127,1
|
-0,40
|
5,80
|
De
55 e máis anos
|
72,4
|
77,4
|
85,5
|
8,10
|
13,10
|
Fonte:
EPA.IGE.
Nin
habendo menos mulleres no mercado de traballo se consegue acadar un
nivel de ocupación aceptábel. No último ano foron 5.300 as
mulleres que accederon a un posto de traballo novo. Se comparamos co
ano 2009, son 37.400 as mulleres que perderon o emprego.
Un
ano máis entre as de menor idade continúase destruíndo emprego. En
2015, só entre as mulleres de 25 a 34 anos se perderon 4.600 postos
de traballo. E van 42.200 perdidos desde o ano 2009 unicamente neste
grupo de idade.
Non
só se reduciu emprego neste período, desde o ano 2009, senón que
ao mesmo tempo se produciu unha reestruturación interna entre as
mulleres ocupadas: perdéronse empregos a xornada completa e
incrementáronse a xornada parcial, medrou o número de asalariadas
con contratos temporais en detrimento de indefinidas, reduciuse o
tempo medio dos contratos, etc.
O
23,1% das ocupadas, traballan a xornada parcial.
Ocupadas
segundo tipo de xornada.
Mulleres
|
Variación
|
||||
2009/IV
|
2014
|
2015
|
15/14
|
15-set
|
|
Total
|
516,4
|
473,7
|
479
|
5,30
|
-37,40
|
Completa
|
421,3
|
366,7
|
368,2
|
1,50
|
-53,10
|
Parcial
|
95
|
107
|
110,8
|
3,80
|
15,80
|
Fonte:
EPA.IGE.
Desde
o ano 2009, perdéronse 53.100 postos de traballo a xornada completa
entre as mulleres e aumentou en 15.800 os postos a xornada parcial.
Vemos como non só se destruíu emprego globalmente, senón que se
produciron reestruturacións entre as ocupadas a favor das xornadas
parciais.
No
último ano, dos 5.300 novos postos de traballo apenas 1.500 foron a
xornada completa; o resto, a tempo parcial. Así, xa superou o 23% a
porcentaxe de mulleres que traballan a tempo parcial; concretamente,
1 de cada 5 no ano 2015.
Este
forte incremento da ocupación parcial non foi voluntaria. No ano
2009 das mulleres con xornada parcial, o 46% alegaba como motivo non
atopar un posto de traballo a xornada completa; hoxe, no ano 2015,
son o 66% as que alegan este motivo.
Con
todo, ás xornadas parciais, temos que engadir a temporalidade do
posto de traballo.
Durante
2015 só se creou emprego temporal.
Mulleres
asalariadas segundo tipo de contrato.
Mulleres
|
Variación
|
||||
2009/IV
|
2014
|
2015
|
15/14
|
15-set
|
|
Total
|
412,7
|
387,9
|
394,3
|
6,40
|
-18,40
|
De
duración indefinida
|
296,4
|
295,9
|
288,6
|
-7,30
|
-7,80
|
Temporal
|
116,4
|
92,1
|
105,6
|
13,50
|
-10,80
|
Taxa
de temporalidade
|
28,2
|
23,7
|
26,8
|
||
Fonte:
EPA.IGE.
Durante
2015, cando medrou o emprego asalariado entre as mulleres en 6.400
postos de traballo, estímase que se reduciu o número de asalariadas
con contrato indefinido en 7.300, e que aumentou o de temporais en
13.500 asalariadas.
Esta
tendencia produciu un incremento da taxa de temporalidade feminina de
3 puntos en apenas un ano, situándose de media no ano 2015 no 26,8%.
Foron
105.600 as mulleres con contrato temporal de media no último ano
(92.100 no ano 2014), as cales se repartiron 391.300 contratos, o que
nos dá unha media de 3,7 contratos por asalariada e ano. O que se
produce, por tanto, é unha forte rotación do emprego debido á
escasa duración dos contratos.
O
30,9% dos contratos temporais, a mulleres, duraron menos dunha
semana.
Xornadas
parciais, contratos temporais e de escasa duración, tal e como
amosan os datos seguintes.
Contratos
a mulleres segundo duración do contrato. Ano 2015.
%
total
|
||
Total
|
411.510
|
|
Indefinidos
|
20.180
|
4,9
|
Temporais
|
391.330
|
95,1
|
Menos
de 1 semana
|
120.812
|
30,9
|
De
1 semana a 1 mes
|
52.284
|
13,4
|
De
1 a 6 meses
|
77.786
|
19,9
|
De
6 meses a 1 ano
|
12.831
|
3,3
|
Máis
de 1 ano
|
1.097
|
0,3
|
Indeterminado
|
126.520
|
32,3
|
FONTE:
SEPE.
O
primeiro que chama a atención é o elevado número de contratos que
se rexistraron, entre mulleres, no ano 2015: 411.510 contratos
iniciais. Hai que lembrar que só aumentou o emprego en 5.300
traballadoras, o que inicialmente xa nos indica o tipo de contratos a
que estiveron sometidas.
Dos
contratos iniciais, apenas o 4,9% foron de carácter indefinido. Polo
tanto, o 95,1% dos contratos fíxose baixo algunha das modalidades de
contratación temporal vixente, pero o máis grave é a escasa
duración destes contratos: o 30,9% duraron menos dunha semana. E se
engadimos os que duraron entre unha semana e un mes, temos que o
44,3% dos contratos non chegaron ao mes de duración.
Este
forte incremento na contratación estivo acompañado dun aumento das
asalariadas con contrato temporal en detrimento das indefinidas, o
que levou a un incremento da taxa de temporalidade, como comentamos
anteriormente.
Entre
xornadas parciais, contratos temporais e de escasa duración
conseguiuse, en termos estatísticos, elevar lixeiramente a ocupación
feminina (5.300 empregos). Este feito, xunto co descenso das activas
(moitas por emigración), logrou reducir o desemprego e a taxa de
paro.
O
paro alcanza o 20% das mulleres activas.
A
taxa de paro de paro reduciuse 1,7 puntos durante o ano 2015
Total
|
|||
2009/IV
|
2014
|
2015
|
|
Total
|
12,8
|
21,7
|
19,3
|
Homes
|
11,8
|
21,6
|
18,7
|
Mulleres
|
14
|
21,7
|
20
|
Fonte:
EPA.IGE.
O
41,8% das desempregadas levan máis de 2 anos nesta situación.
Paradas
segundo tempo a procura de emprego. Datos en miles.
Mulleres
|
Variación
|
||||
2009/IV
|
2014
|
2015
|
15/14
|
15/09
|
|
Total
|
84
|
131,2
|
120
|
-11,2
|
36
|
Menos
de 1 mes
|
5,5
|
5,9
|
4,8
|
-1,1
|
-0,7
|
De
1 a < 3 meses
|
14,5
|
12,8
|
12,1
|
-0,7
|
-2,4
|
De
3 a < 6 meses
|
11,4
|
11,5
|
10,5
|
-1
|
-0,9
|
De
6 meses a < 1 ano
|
14,1
|
18,1
|
14,8
|
-3,3
|
0,7
|
De
1 ano a < 1 ano e medio
|
12,5
|
12,6
|
10,3
|
-2,3
|
-2,2
|
De
1 ano e medio a < 2 anos
|
5,9
|
12,9
|
10,9
|
-2
|
5
|
Dous
ou mais anos
|
15
|
50,8
|
50,2
|
-0,6
|
35,2
|
Xa
atopou traballo
|
5
|
6,7
|
6,4
|
-0,3
|
1,4
|
Fonte:
EPA.IGE.
Estímase
que no último ano descendeu o paro entre as mulleres, concretamente
en 11.200 desempregadas menos. O descenso do desemprego duplica o
incremento do emprego, o que demostra que unha parte moi importante
deste descenso é debida á saída do mercado de traballo non por
atopar un emprego; unha maior inactividade e a emigración explican
esta “anormalidade”.
Convén,
así mesmo, sinalar a elevada porcentaxe de mulleres con máis de
dous anos sen emprego, 43,3% do total, o que deixa estas mulleres
fóra das prestacións contributiva por desemprego e nunha situación
de desamparo social.
En
resumo, a crise non fixo máis que agravar a xa precaria situación
laboral a que están sometidas unha porcentaxe moi elevada das
mulleres traballadoras en Galiza. Así, desde o ano 2009
incrementouse a porcentaxe de mulleres con xornadas parciais, con
contratos temporais, con contratos de escasa duración, etc.,
empeorando non só as condicións físicas laborais senón tamén as
salariais. Proba disto é a inxente cantidade de mulleres que non
chegan a percibir o Salario Mínimo Interprofesional ao ano.
Se
a estas traballadoras (162.484) cuxos ingresos son inferiores ao SMI
engadimos as 120.000 paradas, xa serían preto de 300.000 as mulleres
cuxos ingresos dificilmente lles poden permitir vivir dignamente, e
estamos falando de preto do 50% das mulleres en activo en Galiza. A
isto, cumpriría en engadir (como dicíamos ao principio deste
documento) a redución do gasto social, o incremento dos prezos,
etc., factores que inciden directamente na situación económica
destas traballadoras. Esta realidade socioeconómica da muller
traballadora en Galiza foi o que levou a CIG a dedicar ás PRECARIAS
o próximo 8 de Marzo, Día da Muller Traballadora.
Ningún comentario:
Publicar un comentario