Os
resultados dunha enquisa realizada a 21.980 empresas de 91 estados,
incluído o estado español, confirman que a presenza de mulleres na
alta dirección, mellora os seus resultados. Segundo sinala o
Instituto Peterson de Economía Internacional no seu estudo "É
rendible a diversidade de xérnero?" as empresas nas que polo
menos o 30% dos executivos/as son mulleres suman 1 punto porcentual á
súa marxe neta. No estudo tamén se conclúe que as empresas con
maior igualdade de xénero poden aumentar un 15% a rendibilidade. “A
enquisa representa unha instantánea; por tanto, os resultados deben
interpretarse con precaución”, advirten os autores.
Na enquisa revelase a
escasa presenza de mulleres en postos executivos e na parte superior
dos niveis de xestión empresarial a nivel mundial. Resultan
evidentes os baixos niveis de participación feminina nos consellos
de administración e na liña executiva. Case o 60% da mostra, 13.017
empresas, non rexistrou conselleiras. Pouco máis do 50% ,11.802 as
empresas, non teñen executivas. Da outra metade, o 57% ten só unha
muller executiva..
En relación á política
de cotas, a enquisa amosa que existen persoas críticas con esta
medida; hai quen afirma que a inclusión forzada de mulleres nas
xuntas reduce a súa calidade e eficacia, pois pode suceder que
acedan persoas sen experiencia, feito derivado da obriga de cumplir a
cota. O estudo destaca como no Estado español non se multa por
incumprimento en igualdade de xénero.
A relativa escaseza de
mulleres en postos de liderado nas empresas é un tema político
emerxente. No noso entorno, Francia, Finlandia, Islandia, Noruega e o
estado español contan cunha política de cotas que obriga á
existencia de representación feminina nos consellos de
administración. Países asiáticos están a adoptar medidas de
política similares co fin de acadar obxectivos de igualdade de
xénero, por medio de cotas nos consellos de administración e a
ampliación das políticas centradas na familia.
Segundo este traballo, a
presenza das mulleres en postos de liderado empresarial se
correlaciona de xeito positivo con algunhas características da
empresa, como pode ser tamaño, así como con algunhas
características do entorno, como o rendemento das mozas nas
avaliacións de matemáticas, a relativa ausencia de actitudes
discriminatorias cara ás mulleres executivas, e a dispoñibilidade
da licenza de paternidade, entre outros.
No sector de finanzas por
exemplo, os homes e as mulleres ocupan os postos de entrada en
aproximadamente igual número, a presenza das mulleres redúcese á
metade no nivel de xestión medio, quedando un menor número de
candidatas seleccionables para os cargos directivos. Pola contra, nos
sectores tradicionalmente masculinizados, como transporte,
loxística e enerxía, as contratadas teñen máis oportunidades de
ascenso tanto a mandos intermedios como directivos.
Máis info en www.cigsaudelaboral.org
Ningún comentario:
Publicar un comentario