A
iniciativa fai parte da campaña da Secretaría das Mulleres co lema
'A precarización do traballo nos coidados é violencia machista'
A
CIG presentou un recurso diante do Tribunal Administrativo de
Contratación Pública contra o prego de condicións do concurso de
licitación do servizo de Axuda no Fogar do Concello de Gondomar xa
que a empresa que resulte adxudicataria non vai poder asumir o custe
salarial das empregadas/os. Nas cláusulas fíxase un orzamento en
base a un valor de menos de 13 euros por hora, cantidade que é
inferior ao custe empresarial da prestación do servizo, que
superaría os 14.
En
concreto, o Concello establece o prezo da hora en 12,70 euros,
“contía que é manifestamente inferior ao custe empresarial para a
prestación do servizo”, que segundo os cálculos da CIG sería
como mínimo de 14,04. A esta cantidade aínda habería que sumarlle
unha serie de variábeis como o complemento por antigüidade do
persoal, o índice real de absentismo ou a existencia ou non de horas
sindicais, o que sen dúbida incrementará o prezo da hora de
traballo.
No
recurso presentado pola central sinálase que a determinación dos
custes salariais realizouse tendo en conta o convenio colectivo para
a actividade de axuda a domicilio de Galiza, que continúa vixente e
que establece a revisión automática dos soldos segundo o IPC, tal
como sentenciou o TSXG.
Ademais,
alértase de que o desaxuste entre o prezo do contrato e o custe
mínimo real da hora de servizo provocará que a empresa que resulte
adxudicataria non poida cumprir a normativa laboral, “polo que
claramente se está a vulnerar o artigo 122.2 da Lei 9/2017”.
Tampouco
se cumpre o artigo 100 desta lei xa que non se desglosan os custes
salariais, senón que se fixa un prezo hora para días laborábeis e
outro para domingos e festivos, sen descrición de ningún tipo, polo
que nin se sabe se ese é o valor hora prevista para calquera
categoría profesional”. Deste xeito non se ten en conta que para a
prestación do servizo, ademais de auxiliares de axuda no fogar,
tamén son necesarias/as, cando menos, traballadoras/es sociais.
Aprobación
no pleno
Dende
a CIG do Porriño explican que o BNG lles trasladou que o Concello
pretendía levar ao pleno municipal a aprobación do prego de
licitación nestas condicións, “polo que despois de estudalo
elaboramos un informe argumentando a nosa oposición, que o Goberno
local non atendeu, optando por aprobalo a pesar de que coñecía as
cuestións que con posterioridade foron recollidas no recurso
presentado tras a aprobación no pleno”.
O
obxectivo do recurso contra o prego de condicións é garantir unhas
condicións de traballo dignas para as 14 traballadoras/es do servizo
e fai parte da campaña que vén de poñer en marcha a Secretaría
das Mulleres da CIG baixo o lema 'A precarización do traballo nos
coidados é violencia machista' co gallo da celebración do Día
Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres o
vindeiro 25 de novembro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario