07/11/19

Circular informativa sobre as revisións médicas 2019


O persoal do Concello de Betanzos que estea interesado en realizar as revisións médicas do ano 2019 deberá comunicalo entre o 11 e o 24 de novembro no enderezo electrónico justo.pedreira@betanzos.gal ou no teléfono 981 770 011 (extensión 2244).

Logo de finalizar o prazo de inscrición, o Concello comunicaralle por correo electrónico ou teléfono o día, lugar e a hora da revisión médica. As revisións comezarán o vindeiro 4 de decembro.

Hai que lembrar que este ano as revisións médicas deberán comprender as revisións de próstata e xinecolóxicas, tal e como recolle o Convenio colectivo e ao acordo regulador e logo do compromiso do concelleiro de Persoal de facelo efectivo nas revisións do ano 2019, segundo o acordo do Comité de Seguridade e Saúde do 10 de decembro de 2018.

Ningún comentario:

Publicar un comentario