11/03/20

A CIG SOLICITA UNHA REUNIÓN URXENTE DO COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE PARA ABORDAR A SITUACIÓN DE PECHE DO CENTRO DE FORMACIÓN OCUPACIONAL


A CIG solicitou hoxe, 11 de marzo, por rexistro que o Concello de de Betanzos informe con carácter urxente aos delegados sindicais, ao Comité de Empresa, así como ao persoal municipal sobre a situación actual logo do peche do Centro de Formación e que convoque de urxencia o Comité de Seguridade e Saúde para tomar as medidas oportunas nesta situación de risco.

Así mesmo, envioulles a comunicación aos delegados de prevención do Comité de Seguridade e Saúde José Ángel Montes e Mónica Bóveda para que tomen as medidas oportunas e informen canto antes. Ademais, a CIG solicitará unha reunión extraordinaria do Comité de Empresa para tratar o tema.

Ningún comentario:

Publicar un comentario