11/03/20

Real decreto-lei 6/2020, de 10 de marzo, polo que se adoptan determinadas medidas urxentes no ámbito económico e para a protección da saúde pública

O Boletín Oficial do Estado recolle literalmente que “ao obxecto de protexer a saúde pública, consideraranse, con carácter excepcional, situación asimilada a accidente de traballo, exclusivamente para a prestación económica de incapacidade temporal do sistema de Seguridade Social, aqueles períodos de illamento ou contaxio das persoas traballadoras provocado polo virus COVID-19”.

En ambos os casos a duración desta prestación excepcional virá determinada polo parte de baixa por illamento e a correspondente alta.

Poderá causar dereito a esta prestación a persoa traballadora por conta propia ou allea que se atope na data do feito causante en situación de alta en calquera dos réximes de Seguridade Social.

A data do feito causante será a data na que se acorde o illamento ou enfermidade da persoa traballadora, sen prexuízo de que o parte de baixa se expida con posterioridade a esa data.

Ligazón ao Real Decreto-lei 6/2020, de 10 de marzo, polo que se adoptan determinadas medidas urxentes no ámbito económico e para a protección da saúde pública.

Artigo quinto. 

Consideración excepcional como situación asimilada a accidente de traballo dos períodos de illamento ou contaxio das persoas traballadoras como consecuencia do virus COVID-19.

«1. Ao obxecto de protexer a saúde pública, consideraranse, con carácter excepcional, situación asimilada a accidente de traballo, exclusivamente para a prestación económica de incapacidade temporal do sistema de Seguridade Social, aqueles períodos de illamento ou contaxio das persoas traballadoras provocado polo virus COVID-19. 

2. En ambos os casos a duración desta prestación excepcional virá determinada polo parte de baixa por illamento e a correspondente alta. 

3. Poderá causar dereito a esta prestación a persoa traballadora por conta propia ou allea que se atope na data do feito causante en situación de alta en calquera dos réximes de Seguridade Social. 

4. A data do feito causante será a data na que se acorde o illamento ou enfermidade do traballador, sen prexuízo de que o parte de baixa expídase con posterioridade a esa data.»

Ningún comentario:

Publicar un comentario