01/04/20

Interpretación RDL 10/2020 permiso retribuido recuperable para personal servizos non esenciais

Interpretación da FEMP do RDL 10/2020 permiso retribuido recuperable para personal servizos non esenciais


Temática: Función Pública e Recursos Humanos.
Resumen General: Real Decreto no que se regula un permiso retribuido recuperable para todas as persoas traballadores que non presten servizos esenciais, que segundo o Ministerio de Política Territorial e Función Pública, o seu ámbito de aplicación non inclúe ao persoal da Administración Local.
Indicacións Principais para Administracións Locais:
Desde o Ministerio de Política Territorial ante as dúbidas xurdidas coa aprobación do Real Decreto-lei 10/2020, de 29 de marzo, polo que se regula un permiso retribuido recuperable para as persoas traballadoras por conta allea que non presten servizos esenciais, co fin de reducir a mobilidade da poboación no contexto da loita contra o COVID-19, analizado o seu alcance, enténdese que as Resolucións do Secretario de Estado de Política Territorial e Función Pública de datas 10 e 12 de marzo, previas á declaración do estado de alarma, nas que se adoptaron medidas de carácter organizativo nos centros de traballo dependentes da Administración Xeral do Estado con motivo do COVID-19, están vixentes.
O Real Decreto-lei é exclusivamente unha norma de carácter laboral que regula un permiso retribuido, recuperable e de carácter temporal, cuxa finalidade é limitar ao máximo a mobilidade.
Non inclúe no seu ámbito de aplicación ao persoal funcionario, nin ao persoal laboral dos departamentos ministeriais nin os seus organismos públicos.
Tendo en conta o anteriormente sinalado, neste momento, no ámbito da Administración Xeral do Estado non se considera necesario facer uso da habilitación contida na Disposición adicional primeira dado que nas resolucións do SEPTF recóllense todos os supostos posibles que se poden dar: traballo a quendas, flexibilización horaria, permanencia en domicilio, supostos de illamento, formas non presenciais de traballo e suspensión de actividades en unidades ou centros de traballo.
En base ás devanditas resolucións e dado que no ámbito da Administración do Estado as subsecretarías dos diferentes departamentos ministeriais adoptaron as súas propias, non sería necesario ditar novas resolucións e a finalidade do Real Decreto-lei estaría cumprida (limitación de movementos e redución da mobilidade até os niveis que permitan conseguir o efecto desexado).
Consultando especificamente ao Ministerio de Política Territorial e Función Pública sobre se o persoal funcionaral ou laboral da Administración Local entra dentro do ámbito do RDL 10/2020 respóndese que NON ENTRA DENTRO DO ÁMBITO DE APLICACIÓN.
Por último, como información complementaria ao Real Decreto estes son os SERVIZOS ESENCIAIS que a Federación Española de Municipios e Provincias considera que deben ser prestados necesariamente polas Entidades Locais:
Policía Local
Bombeiros e Protección Civil
Recollida de lixo
Limpeza Viaria
Axuda a Domicilio
Teleasistencia
Violencia de Xénero
Augas e rede de abastecemento
Alumado público
Limpeza de edificios e dependencias municipais
Servizos Sociais (atención cidadanía e poboación vulnerable)
Atención á Cidadanía (telefónica e telemática)
Servizo de Informática.
Servizos de mantemento para a atención de urxencias en viarias e espazos públicos
Secretaría
Intervención
Tesouraría
Rexistro Xeral
Servizo de Obras
Servizos Funerarios e Cemiterio
Responsables unidades administrativas
Transporte
Servizo de atención e protección aos animais

Ningún comentario:

Publicar un comentario