As organizacións
sindicais asinantes son CIG, ELA CSIF, STAJ, CCOO e UGT
As seis
organizacións sindicais con representación na Mesa de Negociación
do Ministerio de Xustiza (CSIF, STAJ, CCOO, UXT, CIG e ELA), veñen
de presentar unha reprobación conxunta pola actuación do Consello
Xeral do Poder Xudicial e do seu presidente na crise sanitaria do
COVID 19.
COMUNICADO:
Desde o principio da
crise o CGPJ atribuíuse unhas competencias que non lle corresponden
en materia de medios persoais e de prevención de riscos laborais e
tentou impoñer o seu criterio de maneira despótica, comportándose
de forma desleal co resto de administracións e sen contar coa
representación legal da maioría do persoal da Administración de
Xustiza.
Para as seis
organizacións sindicais, os Comités de seguimento COVID 19 creados
no seo dos TSJ por acordo da Comisión permanente do Consello carecen
de competencias para adoptar acordo algún, nas materias
anteriormente mencionadas. En consecuencia, os seus acordos son nulos
carecendo de validez algunha para ser impostos en ningún órgano da
Administración de Xustiza.
Denunciamos a
táctica de sabotaxe empregada pola Comisión permanente do Consello
para impedir o cumprimento de todas e cada unha das resolucións do
Ministerio de Xustiza, CCAA con competencias en materia de medios
materiais e persoais da Administración de Xustiza. Sen ofrecer
ningún dato sobre cargas de traballo o Consello emite xuízos de
valor sobre a idoneidade das dotacións establecidas polas
Administracións competentes en materia de medios persoais na
Administración de Xustiza.
Denunciamos que a
inxerencia do Consello Xeral do Poder Xudicial está a poñer en
risco a saúde dos miles de funcionarios/as de Xustiza e da cidadanía
en xeral, pretendendo obrigar a desprazamentos e presenzas
innecesarias, mentres recomenda aos Xuíces e Maxistrados que
traballen desde casa grazas aos equipos informáticos prestados pola
Administración e dos que non dispón o resto do persoal de Xustiza.
Lembramos que o CGPJ
aínda non se desculpou ante os 55.000 empregados/as públicos de
Xustiza polas descualificacións vertidas no seu comunicado do pasado
19 de marzo no que se lles acusaba de falta de profesionalidade.
Lamentamos que, un
órgano constitucional do Estado, non se deu conta do alcance e a
gravidade da emerxencia que estamos a vivir e non estea a saber
exercer as súas competencias nesta crise sanitaria, en coordinación
real e leal co resto as administracións prestacionais, a Fiscalía e
os representantes dos empregados/as públicos/as, tendo en conta a
concorrencia de competencias que se dan na xestión da Administración
de Xustiza.
Alentamos ao
Ministerio de Xustiza e ás CCAA autónomas con competencias
transferidas en materia de xustiza para que continúe poñendo freo a
esta irresponsabilidade do CGPJ.
Lembramos aos
membros do CGPJ que a Administración de Xustiza non son só eles,
nin sequera sono só os Xuíces e Maxistrados. A Administración de
Xustiza son, tamén, os 55.000 empregados/as públicos/as que fan
posible que todos os días se abran as sedes xudiciais e que,
presencialmente ou en dispoñibilidade, garanten o funcionamento da
Administración de Xustiza no medio desta crise atendendo os servizos
esenciais.
Uns empregados/as
públicos/as que, mesmo agora, teñen o dereito a que se protexa a
súa saúde e a que o protagonismo desmedido de integrantes do
Consello Xeral do Poder Xudicial co seu presidente Carlos Lesmes á
cabeza, non a poña en risco caprichosamente xunto coa dos seus
familiares e, en xeral, a saúde da sociedade no seu conxunto que tan
valentemente está a loitar contra a ameaza invisible dun virus
mortal.
Para finalizar, as
seis organizacións sindicais queremos facer un recoñecemento a
todos os empregados públicos e aos traballadores en xeral que,
durante estes días, están a prestar os servizos esenciais para que
a sociedade siga funcionando. E, non por repetido hai que dalo por
feito, o noso agradecemento aos miles de empregados públicos e
traballadores do sistema sanitario con independencia do Corpo ou
grupo profesional ao que pertenzan, que están a dar a cara en
primeira liña contra o virus.
Ningún comentario:
Publicar un comentario