RD Lei 11/2020, do 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte á Covid-19
Algunha medidas contempladas no RD 11/2020 en materia de persoal
Disposición adicional décimo oitava.
Colaboración de empregadas e empregados públicos.
As empregadas e empregados públicos en servizo activo que soliciten colaborar tanto no ámbito da súa administración de orixe como en calquera outra administración, nas áreas de carácter sanitario, sociosanitario, de emprego, para a protección de colectivos vulnerables e aqueloutras que requiran un reforzo en materia de persoal como consecuencia da situación provocada polo COVID-19, seguirán devengando as súas retribucións polo organismo de orixe, non supondo modificación da súa situación administrativa ou contrato de traballo mentres dure a declaración de Estado de alarma. A prestación do servizo poderase levar a cabo tanto de maneira presencial como a través de modalidades non presenciais de traballo, previa autorización do seu superior xerárquico e comunicación ao órgano competente en materia de persoal.
Disposición adicional vixésimo primeira
Incapacidade temporal en situación excepcional de confinamento total.
Con carácter excepcional, e con efectos desde o inicio da situación de confinamento, e mediante o correspondente parte de baixa, estenderase esta protección a aqueles traballadores obrigados a desprazarse de localidade e teñan obrigación de prestar os servizos esenciais aos que se refire o Real Decreto-lei 10/2020, sempre que se acordou o confinamento da poboación onde teña o seu domicilio e foille denegada de forma expresa a posibilidade de desprazarse pola autoridade competente, non poida realizar o seu traballo de forma telemática por causas non imputables á empresa para a que prestas os seus servizos ou ao propio traballador e non teña dereito a percibir ningunha outra prestación pública. A acreditación do acordo de confinamento da poboación onde ten o domicilio e a denegación da posibilidade de desprazamento realizarase mediante certificación expedida polo concello do domicilio ante o correspondente órgano do servizo público de saúde. De igual forma, a imposibilidade de realización do traballo de forma telemática acreditarase mediante unha certificación da empresa ou unha declaración responsable no caso dos traballadores por conta propia ante o mesmo órgano do servizo público de saúde.
Ningún comentario:
Publicar un comentario