Con data do 7 de maio, a Alcaldía ditou unha Resolución con respecto á solicitude de vacacións onde se comunica o seguinte:
1. Que se amplía o prazo de solicitudes das vacacións marcado no convenio (31 de marzo) ata o vindeiro 19 de maio e que se deben solicitar as vacacións anuais e no caso de non facelo SERÁN ADXUDICADAS UNILATERALMENTE POR PARTE DA ADMINISTRACIÓN.
2. Que as vacacións anuais así como os distintos permisos a partir da data de resolución, 7 de maio, deberán solicitarse no modelo oficial que se aproba e achegarse a documentación xutificativa para cada permiso.
Traslado de domicilio: fotocopia do certificado de empadroamento.
Concorrencia a exames ou probas de aptitude: xustificante de asistencia do centro no que se realicen os exames.
Continxencias familiares
Nacemento ou adopción de fillos: fotocopia do certificado de nacemento ou adopción.
Enfermidade (grave) ou accidente ou falecemento dun familiar: certificado ou parte médico no que conste o carácter grave.
Por matrimonio: fotocopia do certificado de matrimonio
Acompañamento á consulta médica: certificado no que conste a persoa consultada.
MOI IMPORTANTE: O persoal laboral que non ten pedidas as vacacións que o faga antes do 19 de maio, senón o Concello poderá marcarllas cando lle veña en gana. O modelo de solicitude novo, nun principio deberíano achegar a todos os departamentos mais se alguén non dispón del que o solicite en persoal ou que se poña en contacto con calquera dos delegados da CIG.
Ningún comentario:
Publicar un comentario