18/05/12

Aviso: mañá 19 de maio, último día para solicitar as vacacións

Tal e como vos comentabamos hai uns días, segundo a última resolución da Alcaldía, mañá 19 de maio, finaliza o prazo para solicitar as vacacións do ano 2012. No caso de non facer a solicitude en prazo o Concello, segundo indica na devandita resolución, poderá decidir unilateralmente cando se poden desfrutar.

Lembrámosvos que o rexistro do Concello está aberto o sábado de 10:00 h a 13:00 h, e que no caso que alguén aínda non rexistrase a solicitude está a tempo. Ademais, podedes obter aquí  e aquí o novo modelo de solicitude de vacacións e permisos, ou solicitalo no propio Concello.

Ningún comentario:

Publicar un comentario