15/01/13

Logo de seis meses de parálise o Concello convoca a Comisión Negociadora do convenio


Logo de máis de seis meses dende a última Comisión Negociadora do convenio, que está denunciado dende outubro de 2011, de múltiples peticións tanto por rexistro como verbalmente por parte do Comité de Empresa actual, o Concello convocou a Comisión Negociadora do convenio para o vindeiro venres 18 de xaneiro de 2013 ás 10:00 h na Sala de Xuntas do edificio Liceo.

Nesta Comisión Negociadora do Convenio do persoal laboral negociaranse os artigo do 22 ao 40 da proposta de novo convenio presentada polo Comité de Empresa. O Concello, ademais, achegou, a acta da sesión anterior desta Comisión, que tivo lugar o 12 de xuño de 2012 e que dende a CIG xa estamos a contrastar cos acordos adoptamos nesa reunión. O certo é que o feito de que o Concello atrase tanto as reunións da Comisión negociadora dun novo convenio dificulta a análise das propostas presentadas e contrastadas hai xa varios meses e agardamos que esta nova convocatoria sexa a primeira de moitas que aínda ten pendentes estes goberno municipal.

Lembrade que os representantes do Comité pola CIG designados para a negociación do convenio son Marcos Dopico e Silvia Muíño, para calquera dúbida ou suxestión relacionada con este tema. Igualmente, e a pesar de que aínda queda moito por negociar, antes de chegar a un acordo final co Concello o Comité convocaría asemblea de traballadores para informar das mudanzas que houbo no proceso de negociación, tal e como se lle presentou a todos/as os/as traballadores/as antes de iniciar un proceso de negociación co Concello.

Ningún comentario:

Publicar un comentario