18/01/13

Semella que a negociación do convenio está encamiñada: a ver se é verdade!


Hoxe tivo lugar a cuarta reunión da Comisión Negociadora do Convenio. Ata o momento, e dende que o convenio foi denunciado polo Comité de Empresa en setembro de 2011, as reunións, foron, dende o punto de vista da CIG, demasiado dilatadas, o que dificulta enormemente a negociación. Isto unido a que hai máis dun ano que o convenio foi denunciado e o Concello ten a proposta entregada polo Comité de Empresa desembocou nunha postura moi clara por parte da CIG de cara a esta Comisión Negociadora.

Ata o momento, as reunións desta Comisión foran as seguintes:

24/10/2011 (Constitución)
28/03/2012 (Capítulos I e II)
12/06/2012 (Art. 14 Capítulo II, Capítulo III-IV)
18/01/2013 (Art.21-40)

E o certo é que tendo en conta que este mesmo ano o persoal laboral podía quedar co convenio colgado debido ás medidas aprobadas no ano 2012 polo Partido Popular a nivel estatal dende a CIG decidimos aproveitar a reunión para intentar apresurar a negociación e presionar para que o goberno municipal se comprometese a darlle o pulo definitivo a esta negociación. Por iso lembrámoslle ao goberno municipal que na constitución da Comisión negociadora a CIG propuxera marcar un calendario semanal ou quincenal coa idea de non dilatar a negociación do convenio e o propio concelleiro de Persoal amosara a súa dispoñibilidade para o facer e solicitámoslle que dunha vez por todas se fixera para encamiñar definitivamente a negociación do convenio. Desta volta o Concello amosouse receptivo e acordouse marcar a data xa da vindeira reunión para non dilatar máis esta negociación.

A maiores, negociáronse dos artigos 21 ao 40 do convenio colectivo e podemos destacar, por tanto, que xa hai acordo con respecto aos seguintes capítulos:

  1. DISPOSICIÓNS XERAIS
  2. SEGUIMENTO E CONTROL
  3. SOLUCIÓN EXTRAXUDICIAL DE CONFLITOS COLECTIVOS
  4. DEREITOS SINDICAIS
  5. DEREITOS, DEBERES E CÓDIGO DE CONDUTA DOS EMPREGADOS MUNICIPAIS
  6. CALIDADE DOS SERVIZOS E ABSENTISMO LABORAL

A próxima reunión da Comisión Negociadora quedou acordada para o vindeiro xoves 31 de xaneiro e os capítulos que se tratarán so os seguintes:

VII. CALENDARIOS LABORAIS, XORNADAS E HORARIOS
VIII. VACACIÓNS, PERMISOS, LICENZAS E SITUACIÓNS ADMINISTRATIVAS

Dende a CIG agardamos que dunha vez por todas esta negociación colla o rumbo necesario para que o persoal laboral teña un novo convenio canto antes á altura dos convenios colectivos dos do resto das administracións públicas

Ningún comentario:

Publicar un comentario