29/01/13

Mudanzas na composición do Comité de Empresa

Unha vez máis o Comité de Empresa sufre unha modificación na súa composición por parte dos delegados da UGT. Desta volta, a xubilación dunha compañeira dálle paso ao seguinte na listaxe e acaban de nos comunicar que o novo delegado da UGT será Santiago Ois Álvarez, o coordinador do Grupo Municipal de Intervención Rápida.

Mañá, na reunión ordinaria do Comité de Empresa do mes de xaneiro o novo delegado acudirá á primeira asemblea do Comité, a pesar de que dende a CIG levamos máis dun ano a observar que este sindicato  parece estar máis preocupado en intereses particulares que do colectivo dos traballadores do Concello de Betanzos, agardamos que o novo compañeiro chegue con folgos novos para facer achegas e traballar arreo por mellorar a situación do persoal laboral. 

Igualmente, dende a CIG queremos agradecerlle á compañeira que se acaba de xubilar a súa coherencia durante o período que formou parte do Comité de Empresa ao desvincularse publicamente da UGT e apoiar as decisións da CIG logo de observar como reiteradamente os seus antigos compañeiros lle intentaban facer as beiras ao Concello no canto de se posicionar de parte do colectivo do persoal laboral.

Ningún comentario:

Publicar un comentario