O Comité de Empresa vén de solicitar, unha vez máis, que o Concello actualice o modelo de solicitude de permisos para adaptalo á lexislación vixente e deixar de provocar confusións entre o persoal.
O Concello de Betanzos en maio de 2012, xunto cunha Resolución da
Alcaldía onde se recortaba o dereito aos días de asuntos propios
por antigüidade que o persoal laboral desta Administracón viña desfrutando até o momento (antes mesmo de que o PP aprobase a nivel estatal o Decreto 20/2012) , publicou un modelo de solicitude de
permisos e outros onde recollía algunhas das continxencias polas
que o persoal laboral e o funcionariado poden solicitar días con
importantes diferenzas nos dereitos entre o funcionariado e o
persoal laboral. En xullo de 2012, publicouse o
Real-decreto lei 20/2012 de medidas para garantir a estabilidade
orzamentaria e de fomento da competitividade que modifica or artigos 48 e 50 da Lei 7/2003, de
12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público e que desde a
súa entrada en vigor quedaron suspendidos e sen efecto o convenio do
persoal laboral deste Concello nos termos a que a lei de refire e, por tanto, en moitos dos casos sinalados no devandito modelo de solicitude.
Debido a isto xa en setembro do ano pasado o Comité de Empresa rexistrou unha
solicitude para que o Concello actualizase o modelo de solicitude de
permisos, mais a día de hoxe, a mediados de xaneiro de 2013 a
solicitude de permisos vixente e que o Concello ofrece aos
traballadores está completamente desactualizada e non contempla as
medidas lexislativas provocadas ao abeiro do Decreto 20/2012 o está a provocar confusións a hora de solicitar os permisos
correspondentes.
Á vista de que o Concello non é quen de realizar de motu propio este tipo de xestións e todo o ten que facer tarde, mal e arrastro, o Comité solicitou unha vez máis que o Concello actualice o modelo de solicitude de permisos coa
información correspondente aos permisos de que pode desfrutar na
actualidade o persoal laboral, posto que a solicitude vixente e a
información de que dispoñen os traballadores pode resultar
equívoca e tamén solicitou que informe a todo o persoal nos taboleiros de información das
actualizacións lexislativas correspondentes en materia de permisos
logo do Real-decreto lei 20/2012.
Lembrámosvos os permisos vixentes logo da aprobación do Decreto 20/2012 e o artigo que homoxeniza os permisos para o persoal ao servizo das Administracións públicas.
Artigo 8. Modificación dos artigos 48 e 50 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público e medidas sobre días adicionais.
Un. Modifícase o artigo 48 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, nos seguintes termos:
«Artigo 48. Permisos dos funcionarios públicos.
Os funcionarios públicos terán os seguintes permisos:
a) Por falecemento, accidente ou enfermidade grave dun familiar dentro do primeiro grao de consanguinidade ou afinidade, tres días hábiles cando o suceso se produza na mesma localidade, e cinco días hábiles cando sexa en distinta localidade.
Cando se trate do falecemento, accidente ou enfermidade grave dun familiar dentro do segundo grao de consanguinidade ou afinidade, o permiso será de dous días hábiles cando se produza na mesma localidade e de catro días hábiles cando sexa en distinta localidade.
b) Por traslado de domicilio sen cambio de residencia, un día.
c) Para realizar funcións sindicais ou de representación do persoal, nos termos que se determine.
d) Para concorrer a exames finais e demais probas definitivas de aptitude, durante os días da súa realización.
e) Para a realización de exames prenatais e técnicas de preparación ao parto polas funcionarias embarazadas.
f) Por lactación dun fillo menor de doce meses terá dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderá dividir en dúas fraccións. Este dereito poderase substituír por unha redución da xornada normal en media hora ao inicio e ao final da xornada ou nunha hora ao inicio ou ao final da xornada, coa mesma finalidade
Este dereito poderá ser exercido indistintamente por un ou outro dos proxenitores, no caso de que ambos os dous traballen. Igualmente, a funcionaria poderá solicitar a substitución do tempo de lactación por un permiso retribuído que acumule en xornadas completas o tempo correspondente. Este permiso incrementarase proporcionalmente nos casos de parto múltiple.
g) Por nacemento de fillos prematuros ou que por calquera outra causa deban permanecer hospitalizados a continuación do parto, a funcionaria ou o funcionario terá dereito a ausentarse do traballo durante un máximo de dúas horas diarias percibindo as retribucións íntegras. Así mesmo, terán dereito a reducir a súa xornada de traballo ata un máximo de dúas horas, coa diminución proporcional das súas retribucións.
h) Por razóns de garda legal, cando o funcionario teña o coidado directo dalgún menor de doce anos, de persoa maior que requira especial dedicación, ou dunha persoa con discapacidade que non desempeñe actividade retribuída, terá dereito á redución da súa xornada de traballo, coa diminución das súas retribucións que corresponda. Terá o mesmo dereito o funcionario que precise encargarse do coidado directo dun familiar, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, que por razóns de idade, accidente ou enfermidade non poida valerse por si mesmo e que non desempeñe actividade retribuída.
i) Por ser preciso atender o coidado dun familiar de primeiro grao, o funcionario terá dereito a solicitar unha redución de ata o cincuenta por cento da xornada laboral, con carácter retribuído, por razóns de enfermidade moi grave e polo prazo máximo dun mes. Se houber máis dun titular deste dereito polo mesmo feito causante, o tempo de desfrute desta redución poderase ratear entre eles, respectando, en todo caso, o prazo máximo dun mes.
j) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público ou persoal e por deberes relacionados coa conciliación da vida familiar e laboral.
k) Por asuntos particulares, tres días.
l) Por matrimonio, quince días.»
Dous. Modifícase o artigo 50 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, que queda redactado do seguinte xeito:
«Artigo 50. Vacacións dos funcionarios públicos.
Os funcionarios públicos terán dereito a desfrutar, durante cada ano natural, dunhas vacacións retribuídas de vinte e dous días hábiles, ou dos días que correspondan proporcionalmente se o tempo de servizo durante o ano foi menor. Para os efectos do previsto neste artigo, non se considerarán como días hábiles os sábados, sen prexuízo das adaptacións que se establezan para os horarios
especiais.»
Tres. Desde a entrada en vigor deste real decreto lei quedan suspendidos e sen efecto os acordos, pactos e convenios para o persoal funcionario e laboral, subscritos polas administracións públicas e os seus organismos e entidades, vinculados ou dependentes delas, que non se axusten ao previsto neste artigo, en particular, no relativo ao permiso por asuntos particulares, vacacións e días adicionais aos de libre disposición ou de similar natureza

Ningún comentario:
Publicar un comentario