Os delegados de prevención de riscos da CIG veñen de lle solicitar ao Concello información sobre as
taquillas, aseos, duchas e vestiarios dispoñibles para os
traballadores nas distintas dependencias municipais e todas aquelas
disposicións mínimas que indica o Real decreto 486/1997 de
lugares de traballo. Ademais, lembroulle que este indica as condicións mínimas que deben ter
as instalacións para os traballadores en todo o que ten que ver coa
protección, condicións ambientais, iluminación, servizos
hixiénicos e locais de descanso, material e locais de primeiros
auxilios. Ademais indicáronlle que a consulta e
participación dos representantes dos traballadores sobre as
cuestións a que se refire este Real Decreto deberase realizar de acordo
co disposto no apartado 2 do artigo 18 da Lei de prevención de
riscos laborais, e lembráronlle que como delegados
de prevención non teñen ningunha información facilitada polo Concello correspondente ás
distintas dependencias, as taquillas, aseos, duchas e vestiarios
dispoñibles para os traballadores nas distintas dependencias
municipais.
Podedes consultar o Real decreto aquí:
Ningún comentario:
Publicar un comentario