A CIG sae á rúa contra as últimas reformas que precarizan as condicións laborais da mocidade, dificultan as xubilacións anticipadas e o acceso ao subsidio a maiores de 55
A
CIG celebrou esta tarde concentracións en todas as cidades para
manifestar o seu rotundo rexeitamento ás últimas reformas aprobadas
polo goberno de Mariano Rajoy. Medidas que precarizan as condicións
laborais da mocidade; que dificultan as xubilacións anticipadas e
que endurecen as condicións para acceder ao subsidio a maiores de 55
anos. En Compostela, o secretario xeral, Suso Seixo, alertou de que o
PP prepara unha nova batería de reformas que pretende aprobar no
Consello de Ministro do 26 de abril, contra as que “haberá que
preparar novas mobilizacións, sen descartar a convocatoria dunha
folga xeral antes do verán”, dixo.
O
secretario xeral da CIG denunciou as últimas medidas aprobadas en
Consello de Ministros. Nomeadamente o R.D. Lei 4/2013, do 22 de
febreiro, polo que se aproba un plan de contratación a menores de 30
anos e modifícase a regulamentación das ETTs, entre outros, e o
R.D. Lei 5/2013, do 15 de marzo, no que tamén se muda a
regulamentación e requisitos para a xubilación parcial e
anticipada; o fomento da xubilación en activo e recórtase o
subsidio de desemprego para maiores de 55 anos.
Para
Seixo estas medidas non supoñen nada novidoso con respecto ao que
veñen sendo as políticas do PP, “ recortar dereitos, proporcionar
man de obra barata á patronal e sacar medidas especialmente duras
cos sectores máis desfavorecidos e os que están a sufrir de forma
máis directa as consecuencias da crise económica”, denunciou.
A
este respecto subliñou a gravidade de aprobar unha nova
regulamentación para os contratos a menores de 30 anos,
subvencionados, que permiten salarios inferiores aos 500 euros e,
nalgúns casos, mesmo sen dereito a prestación. Regulamentación que
vén empeorar as xa precarias condicións contempladas nos
contratos de formación e prácticas.
Denunciou
que se favoreza a contratación de xubilados/as mantendo o 50% da súa
pensión, nunhas condicións moi beneficiosas para a empresa. Unha
medida coa que se dificulta, dixo “a incorporación ao mercado
laboral de traballadoras/es en paro e que é, na práctica,
discriminatoria no sentido de que non todos os xubilados/as chegan a
esa idade nas mesmas condicións físicas e económicas”.
Tamén
denunciou que se retrase a idade de xubilación parcial dos 61 aos 63
anos, camiñando aos 65 anos para o ano 2027, así como o atraso da
idade de xubilación anticipada: a voluntaria de 63 a 65 anos, con 35
anos de cotización e a forzosa, de 61 a 63 anos, con 33 anos de
cotización. “Fórzase así a manter no emprego ás persoas de
sectores que precisan dun forte desgaste físico e dificúltase o
acceso ao emprego de parados/as”.
Xunto
a isto, sinalou que se dificulta ou retira un dereito a un colectivo
de traballadores/as dos máis afectados pola crise e con máis
dificultades de volver a atopar emprego: o de maiores de 55 anos.
“Para ter dereito ao subsidio de desemprego a renda per cápita
familiar non pode superar o 75% do SMI e sofren un prexuízo duplo ao
privalos duns ingresos, pero tamén dunha cotización para a
xubilación”. Unha medida que para Seixo é exemplo da visión
“clasista e elitista” da sociedade que ten o PP.
Máis
reformas o 26 de abril
Respecto
do anuncio dun novo paquete de reformas a aprobar no Consello de
Ministros do vindeiro 26 de abril, advertiu que o que se pretende,
por exixencia da UE, é abaratar máis o despedimento; rebaixar os
salarios; subir os impostos indirectos e non revalorizar as pensións
en función da carestía da vida.
“Séguese
a insistir nas políticas de sempre, que non serven para reactivar a
economía e saír da crise. Políticas que pretenden que os custos da
crise caian nas clases populares”, denunciou, “mentres a banca e
as grandes empresas campan ás súas anchas, fan despedimentos
masivos e seguen evadindo impostos a través dos paraísos fiscais”.
O
secretario xeral da CIG lembrou que nestes anos incrementáronse os
cartos depositados neses paraísos fiscais, que xa ascenden a 24
billóns de euros. “Estamos a falar pois dun goberno de
monicreques, dun PP vinculado á corrupción e dunha UE ao servizo da
banca. Unha UE que mentres exixe austeridade e duras reformas
económicas, colabora na especulación coa débeda pública levando
aos estados á ruína e empobrecendo a millóns de cidadáns”,
concluíu.
Ante
esta situación proclamou que o goberno do PP “non nos representa”
e que esta UE, “non nos interesa” e fixo un chamamento a seguir a
mobilizarse, atentos/as ás medidas que se aproben o día 26 porque
se son segundo o previsto “haberá que preparar novas
mobilizacións, sen descartar a convocatoria dunha folga xeral antes
do verán”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario