As persoas solicitantes deberán terse acollido á redución da xornada laboral de traballo para o coidado dun/unha fillo/a menor de tres anos, entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2012
A
Secretaría de Muller da CIG informa que acaba de saír publicada no
DOG a resolución de axudas dirixidas aos homes e familias
monoparentais, en que a persoa solicitante, home ou muller,
sexatraballador/a por conta allea, e que durante o pasado ano se
acolleron a unha redución da súa xornada laboral para o coidado de
fillos ou fillas menores de 3 anos.
As
axudas, destinadas á conciliación da vida familiar e laboral e como
medida de fomento da corresponsabilidade, serán concedidas aos
traballadores por conta allea ou familias monoparentais, que entre o
1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2012, se acolleran a unha redución
da súa xornada laboral para dedicarse ao coidado dos seus fillos ou
fillas menores de 3 anos.
Para
ter dereito a axuda deberase manter a situación de redución de
xornada durante un mínimo de 60 días naturais ininterrompidos e un
máximo de oito meses comprendidos entre o 1 de xaneiro e o 31 de
decembro de 2012. En ningún caso o período para o que se solicita a
subvención pode coincidir co permiso por maternidade nin con
calquera outro permiso, licenza ou excedencia para a mesma
finalidade.
Os
formularios de solicitude pódense descargar no documento anexo a
esta nova, na sede electrónica da Xunta de Galiza
(https://sede.xunta.es).
O prazo para presentar as solicitudes é dun mes contado a partir do
día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial
de Galiza (DOG do 1de xullo de 2013).
Máis información aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario