Adictos
ao traballo
Vivimos
tempos duros. A falta de emprego en moitos sectores ocasionou que se
den casos nos que o traballador/a tome demasiado apego polo seu
traballo, para asegurarse a súa estabilidade laboral. A adicción ao
traballo é unha patoloxía que debe ser tratada por especialistas.
Nestes casos, a tensión e o esgotamento poden superar ao
traballador/a e prexudicar a este e á súa empresa. En Xapón xa
existe mesmo un termo para designar a "morte por traballo":
"Karoshi".
Segundo
os expertos, o que deixan de lado as persoas que se fan adictos ao
traballo son cousas tan importantes como a saúde e a familia. O peor
de chegar a rozar tal extremo é que a saúde mental do empregado
está exposta tanto ou máis que o seu emprego.Entre os xaponeses
acuñouse o concepto "Karoshi" para definir a morte por
exceso de traballo, mentres que os investigadores noruegueses pola
súa banda, desenvolveron a Escala de Adicción ao Traballo para
avaliar o risco de "Karoshi" entre os traballadores.Por
suposto, o punto serio aquí é que a glorificación do traballo duro
de moitas culturas disimula os efectos moi nocivos da adicción ao
traballo e leva por tanto, a que as empresas e os seus xerentes sexan
alleos ás consecuencias desta patoloxía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario