Finalmente,
e cando nuns meses se cumprirá un ano que varios traballadores foron
readmitidos logo das sentenzas xudiciais que declaraban improcedentes
os seus despedimentos, dende a Asesoría xurídica da CIG víronse na
obriga de solicitar ante o xulgado as execucións de sentenzas para o
cobro dos salarios atrasados logo da readmisión deste persoal.
O
certo é que o que nun principio ía cobrarse ao mes e medio de ser
readmitido, en palabras do propio goberno municipal nunha reunión á
que chamou expresamente a este persoal antes da readmisión
converteuse en caso nun ano e avalou de novo a pésima xestión dos
temas de persoal neste Concello. Esta demora suponlles diversos
problemas ao persoal afectado, entre eles os relacionados coas
declaracións da renda pertinentes e, por suposto, o feito de que o
Concello lles debe cartos, o que é moito máis grave aínda se temos
en conta os tempos que corren. Neste caso si que cómpre sinalar que
a pouca comprensión do Concello coa situación dos traballadores
desembocou en ter que volver ao xulgado para poder cobrar os cartos
que o Concello lles debe e que lles pertencen.
Dende
a CIG do Concello de Betanzos consideramos que resulta lamentable
que o persoal deste Concello deba acudir continuamente ao xulgado
para solucionar temas que se deberían resolver por parte do propio
Concello de oficio, posto que este procedemento non fai máis que
complicar a situación e aumentar o descontento do propio persoal en
todo o que ten que ver co ámbito laboral.
Ningún comentario:
Publicar un comentario