Logo
de que a semana pasada caese o teito dunha das naves do Centro de
Formación Ocupacional, en concreto onte teñen o servizo e
vestiarios o persoal do Servizo de Obras e que ninguén por parte do
Concello se dignase a achegarse ata alí nin a tomar as medidas
oportunas de seguridade para preservar os riscos a que están
suxeitos os traballadores dese departamento, dende a CIG, e logo de
visitar as instalacións vímonos na obriga de presentar unha nova
denuncia na Inspección de Traballo provincial cos feitos acontecidos
para que tome dunha vez cartas no asunto do estado de abandono en se
atopan algunhas das naves en que traballa o persoal de distintos
departamentos e que están localizadas no Centro de Formación
Ocupacional en Bellavista.
Na
semana que vén cúmprese tres meses dende a última reunión do
Comité de Seguridade e Saúde, que se reuniou logo dun ano e medio e
de ter que denunciar os delegados de prevención ao Concello ante a
Inspección de Traballo, e nada máis aconteceu o desprendemento
consideramos que este Comité se debería ter reunido de urxencia,
mais nin así foi nin o Concello tomou medida de seguridade ningunha
obrigándonos a ter que acudir á Inspección para, cando menos, que
esta sexa coñecedora dos riscos a que están suxeitos estes
traballadores e actúe en consecuencia.
Dende
a CIG queremos denunciar tamén publicamente que o estado en que se
atopan as naves do CFO, en concreto, onde ten a base o departamento
de obras e traballan diversos operarios deste, de servizos múltiples
o propio pintor é de total ruína e reclamaréselle ao Concello na
vindeira reunión do Comité de Seguridade e Saúde unha solución
inmediata e urxente para este tema antes de que aconteza unha
desgraza e o haxa que lamentar, porque se algo temos claro é que coa
vida dos traballadores non se pode xogar e por iso acudimos
inmediatamente a denunciar a situación no organismo correspondente.
Agardamos,
tamén, que antes de que teña que actuar a Inspección, que o
Concello recapacite e solucione o problema de cara a preservar
posibles futuros derrubamentos que podería haber debido ao estado
das naves e que non teña que acontecer nada máis para que se decate
da importancia da prevención dos riscos laborais e que no Concello
hai moito máis persoal que o que traballa en oficinas e que todo o
persoal ten o mesmo dereito a ter un espazo de traballo nas
condicións adecuadas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario