Non obstante, a nova regulación destas entidades rexistra constantes e sucesivos atrasos. Sen ir máis lonxe, estaba previsto que o anteproxecto de lei fose mañá venres ao Consello de Ministros pero finalmente non será así. A súa aprobación volverá pospoñerse, segundo fontes que negocian esta nova normativa.
Os
responsables do Ministerio de Emprego mantiveron na tarde do martes
unha reunión con representantes da patronal CEOE-Cepyme e os
sindicatos CCOO e UXT para expoñerlles a situación pola que
atravesa o proxecto de lei cuxa última versión é de hai tres
meses, rexeitada frontalmente polos sindicatos.
Segundo
fontes coñecedoras do contido deste encontro, o secretario de Estado
da Seguridade Social, Tomás Burgos, expuxo aos axentes sociais que
na última versión do anteproxecto de lei que está a elaborar o seu
departamento, xa non aparece a posibilidade, que se daba nun borrador
anterior, de que as mutuas propuxesen a alta aos médicos de familia
que emitiran a baixa a través da Inspección médica dos Servizos
Públicos de Saúde. E este tería cinco días para contestar e
aceptar a proposta de alta da mutua ou denegala e xustificalo. No
caso de non se pronunciar neses cinco días, os médicos das mutuas
poderían dar a alta ao traballador.
Esta
proposta de Emprego, que contaba co respaldo dos empresarios de CEOE,
foi rexeitada de plano polos sindicatos. Ademais, segundo fontes do
sector, esta intención de dar máis poder aos facultativos das
mutuas topouse con problemas legais relacionados coas competencias
dos médicos de cabeceira dependentes dos servizos de saúde das
comunidades autónomas. E tamén co rexeitamento do Ministerio de
Sanidade, que teme a oposición dos médicos, reactivando unha nova
rebelión das batas brancas, segundo fontes do sector.
Ante
isto, o novo texto que prepara Emprego limítase a reducir a cinco
días o prazo no que a Inspección médica do Instituto Nacional da
Seguridade Social (INSS) -en lugar dos servizos rexionais de saúde-
debe responder se acepta ou non a proposta de alta dunha mutua. Pero
se non responde, o silencio administrativo significará que o
facultativo da mutua poida dar a alta ao traballador.
Non
obstante, a Oficina Económica do Goberno é a que, tras este cambio,
paralizou a aprobación deste proxecto de lei e os seus responsables
queren ser os que teñan a última palabra. Por iso, nin os
sindicatos -que apoiarían esta renuncia-, nin os empresarios, que
son contrarios a ela, queren posicionarse ata que teñan un texto por
escrito.
Fonte:
Cinco Dias
Máis info en www.cigsaudelaboral.org
Ningún comentario:
Publicar un comentario