Mutuas
O
Plan Nacional de Reformas 2014 remitido a Bruxelas presume do aforro
que suporá, segundo os cálculos gobernamentais, a reforma da
Administración pública. O Executivo estima que se aforrará 13.569
millóns no período 2013-2015, o que supón ao redor de 7.129
millóns derivados da posta en marcha da polémica lei de
racionalización e sustentabilidade da Administración local
(recorrida no Tribunal Constitucional pola oposición e varias
comunidades) e outros 6.440 procedentes de distintas actuacións da
Comisión para a reforma da Administración Pública (CORA).
Modificarase
ademais a lei do réxime xurídico das administracións públicas e
do procedemento administrativo e haberá nova lei de subvencións.
Outro
dos anuncios que fai o Executivo popular no seu Plan Nacional de
Reformas é a aprobación dunha nova lei de mutuas (xunto á
aprobación dun decreto de xestión e control de procesos de
incapacidade temporal) que, a tenor das contas do Goberno, pode supor
novos recortes en sanidade, duns 227 millóns de euros, por un maior
control dos procesos de incapacidade temporal para traballar.
"Mellorará a produtividade das empresas, reducindo o absentismo
laboral inxustificado", alégase.
A
proximidade das eleccións europeas atrasou o impulso desta norma no
Consello de Ministros, unha norma da que tamén se espera un aforro
de 25 millóns anuais por asimilación retributiva de altos cargos;
ademais dun achegue de liquidez para a Seguridade Social (2.143
millóns) polo establecemento de límites ás reservas das mutuas. A
obriga que se establecerá de que as mutuas propietarias de
sociedades de prevención de riscos laborais teñan que vendelas ou
liquidalas antes de decembro de 2014 comportará así mesmo recuperar
40 millóns en débedas pendentes de cobro, o que se sumará ao
aforro de 305 millóns por un uso maior dos seus recursos sanitarios.
As
diferentes partidas de gasto social son as que máis van sufrir o
axuste dos próximos anos para lograr que o déficit do conxunto das
administracións pase do 6,6 por cento anotado no 2013 ao 1,1 por
cento programado para o 2017.
Fonte:
redaccionmedica.com
Máis
info en www.cigsaudelaboral.org
Ningún comentario:
Publicar un comentario