O
Comité de Empresa vén de lle solicitar por escrito ao Concello que especifique
en que horario se vai realizar a redución do horario de verán, á
vista de que o Convenio colectivo non concreta nin o horario nin a
compensación pertinente para o persoal que por motivos do servizo
non pode realizar a redución horaria.
Hai
que lembrar que o artigo 9.2. do Convenio colectivo do persoal
laboral indica o seguinte con respecto á redución na xornada de
verán:
“Os
meses de xuño, xullo e agosto, todo o persoal desfrutará dunha
redución da xornada de 1 hora diaria, que se establecerá segundo as
necesidades do servizo.”
Por
tanto, segundo o convenio colectivo a xornada de verán comeza o
vindeiro luns 2 de xuño e o Concello non comunicou especificación con respecto á redución horaria que se
viña facendo ao final da xornada na maior parte dos departamentos e
a modo de compensación en días libres nos que por motivos do
servizo non podían desfrutar da devandita redución diaria, aínda que de xeito verbal o concelleiro de Persoal indicou que esta especificación se faría mediante unha resolución ou unha nota informativa para os traballadores antes de que comece o horario reducido.
Debido a
isto, o Comité de Empresa, por iniciativa da CIG solicitou por rexistro que o
Concello especifique o horario da redución diaria que comeza a
vindeira semana en aplicación do convenio colectivo e estableza e
comunique o sistema de compensación pertinente para o persoal que
por motivos de servizo non pode realizar a redución horaria de xeito
diario e que o Concello lle comunique canto antes todo o mencionado
ao colectivo do persoal laboral de cara a lle dar a coñecer o
horario en que poderá exercer o dereito recollido no artigo 9.2. do
convenio colectivo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario