Ademais, o xulgado impúxolles, a cada un dos tres condenados, unha pena de nove meses de cárcere por consideralos presuntos autores dun delito contra a seguridade no traballo e un delito de lesións por imprudencia grave.
Segundo
recolle a sentenza, declárase probado que en maio de 2005 unha
mercantil promoveu a edificación de vivendas en Almansa (Albacete),
para o que contratou a unha empresa construtora a realización da
estrutura destas.
A
empresa contratista non elaborou un plan de seguridade para a obra,
senón que simplemente realizou un documento de carácter xeral sen
referencia específica a algunha obra, que foi aprobado, a pesar das
deficiencias, polo aparellador e acusado F.C.G., que asumiu as
funcións de coordinador de seguridade.
Como
medidas de seguridade durante a realización da obra adoptouse a
colocación de redes que impedían a caída de traballadores ao
exterior da obra, pero sen adoptar medida ningunha que impedise a
caída entre os ocos que no interior da obra había, circunstancia
que coñecía tanto este acusado como os outros dous, que eran os
administradores da empresa contratada, e que exercían funcións de
dirección dos seus traballadores que na obra prestaban servizos.
O
3 de maio de 2005 o traballador, A.G.O., encontrábase colocando
taboleiros de encofrar á altura da quinta planta, sen levar arnés
ou outra medida de seguridade, ao non constar que estivese prevista
no plan, cando nun momento dado perdeu o equilibrio e caeu ata a
cuarta planta, dende unha altura aproximada de 2,70 metros.
Como
consecuencia da caída, o traballador sufriu diversas lesións, como
traumatismo cranioencefálico, que lle ocasionaron alteración da
memoria, perda da forza, síndrome postconmocional con sintomatoloxía
ansiosa e depresiva, e dos que tardou en curar 379 días, todos de
baixa, dos cales 15 foron de hospitalización.
Fonte: lainformacion.com
Máis info en www.cigsaudelaboral.org
Ningún comentario:
Publicar un comentario