A CIG presentou nos pasados días as alegacións ao capítulo de normas relativas ao persoal dos orzamentos 2014 e da Relación de Postos de Traballo.
Logo de examinar a documentación aprobada pola Xunta de Goberno o pasado 24 de xullo de 2014 e comprobar que era a mesma que a presentada na Mesa Xeral de Negociación aos sindicatos, simplemente coa corrección e engadido da data de antigüidade dalgúns compañeiros que antes non aparecía, a CIG decidiu presentar reclamacións á aprobación provisional do orzamento para que o goberno municipal as poida ter en conta de cara á aprobación definitiva do orzamento e Relación de Postos de Traballo.
Nos documentos rexistrados recóllense alegacións dende as retribucións complementarias solicitando que se corrixan as deficiencias, que se subsanen os erros
indicados, e que o Concello faga público o manual do criterio de
asignación dos niveis de complemento de posto e que lle asigne o
devandito nivel a todos os postos de persoal laboral, que deben ter
un dos 15 niveis de complemento de posto e a maiores explicar o
motivo da asignación dun ou doutro complemento, así como todo o relativo aos complementos persoais, ao descolgue do convenio colectivo decidido nesta lexislatura polo Concello de xeito unilateral con respecto a un colectivo de traballadores que cobra por horas e supera con isto en retribucións á maior parte do resto do persoal cuxas retribucións se rexen polo convenio colectivo. Tamén se lle solicitou ao Concello que utilice os mesmos criterios de
retribución ocasional polo desempeño de funcións superiores en
vacacións, baixas etc para o persoal laboral e o funcionariado, advertindo que do
contrario isto supón un agravio discriminatorio en función da
relación contractual dos traballadores, así como que unifique
e especifique os criterios retributivos do persoal ao abeiro de
subvención de xeito que todos os traballadores en semellante
situación contractual coñezan e se lles aplique o mesmo criterio
con respecto ás retribucións básicas e complementarias.
Con respecto á Relación de Postos de Traballo as alegacións presentadas lembráronlle ao Concello que na documentación que o Concello aprobou en Xunta de Goberno o 24 de
xullo de 2014 indica que esta Relación de Postos de Traballo é a do
ano 2012, cando non ano 2012 non se aprobou ningunha RPT. No ano
2012, logo da aprobación duns orzamentos vinculada a unha cuestión
de confianza a Relación de Postos de Traballo que o goberno
municipal presentou non foi aprobada polo Pleno, e por tanto, tal e
como se publicou no Boletín Oficial da Provincia n.º 224 de 23 de
novembro de 2012 con respecto á probación definitiva do orzamento
"O cadro de persoal corresponde co presuposto do exercicio de
2008, que foi publicado no BOP n.º 235 de 11 de outubro de 2008".
Se no ano 2012 a RPT vixente era a do ano 2008 e esta non presenta
ningunha modificación con respecto á que está en vigor a que o
Concello presenta debería ser a do ano 2008. Hai que lembrar que a
Xunta de Goberno Local, tal e como lembra o secretario municipal no
informe que forma parte da documentación do orzamento, non ten entre
as súas atribucións a modificación da RPT, por tanto non pode
alterar as súas retribucións, só é o Pleno da corporación quen o
pode facer. Entendemos, pois, que o Concello, está a utilizar unha
Relación de Postos de Traballo que non foi aprobada nun pleno e
única que pode permanecer vixente é a do ano 2008.
Con respecto a todo isto e baseándomonos en que a Xunta de Goberno Local non pode realizar unha modificación da Relación de Postos de Traballo no documento sinálanse polo miúdo todos os puntos en que se demostra que esta RPT ten modificacións con respecto á vixente do ano 2008 para finalmente solicitarlle ao goberno municipal que xunto co orzamento se indique que a RPT vixente é a do ano 2008
e se achegue esta, no caso de non querer iniciar un proceso de
negociación, no canto de presentar unha de 2012 inexistente e con
modificacións con respecto á de 2008 non negociadas cos
representantes dos traballadores. A
modificación de complementos e características que se presenta
exixe negociación e debe ser aprobada polo Pleno, premisas que non
foron cumpridas neste procedemento administrativo. Ademais, á vista de que o Concello non negociou cos
traballadores as modificacións da Relación de Postos de Traballo, solicitouse que retire esta RPT e faga referencia e informe de que segue vixente a do
ano 2008 xunto co orzamento 2014. Do contrario, solicitámoslle ao
Concello que inicie un verdadeiro proceso de negociación cos
representantes dos traballadores para a modificación e mellora da
Relación de Postos de Traballo do Concello de Betanzos. Ademais
solicitamos que se faga público o sistema de xestión da RPT que
valora cada un dos postos e a aplicación deste eles que poña de
manifesto os criterios empregados para a desproporción na valoración
dos postos ocupados por persoal laboral fronte aos de funcionarios.
Alegacións Ao Capítulo de Normas de Persoal by cigconcellobetanzos
Alegacións á Relación de Postos de Traballo by cigconcellobetanzos
Ningún comentario:
Publicar un comentario