Logo
de agardar máis de dous ano a negociación efectiva dunhas novas bases
de axudas sociais, de que o Comité presentase por escrito a proposta
de regulamento no mes de marzo de 2012 e que, segundo as bases de 2001 vixentes, no mes de novembro finalice o prazo e non haxa unha convocatoria
pública con toda a información para realizar este trámite, o
Comité instou ao Concello a que publique a convocatoria de axudas
sociais de 2014 en todos os taboleiros dos edificios municipais e
informe a todo o persoal dos prazos e as condicións de solicitude, a
que amplíe o prazo estipulado nas bases vixentes, posto que indican
que se presentarán nos 11 primeiros meses do ano e nas vindeiras
semanas finalizaría o prazo oportuno, e debido a isto entendemos que
o prazo debería ampliar o das bases aprobadas en pleno a través
dunha resolución da Alcaldía para que o prazo sexa ata o último
día hábil de decembro e facilitar as solicitudes por parte de todo
o persoal.
Ademais, solicitoulle que independentemente da
convocatoria de axudas de 2014 se continúe coa negociación dunhas
novas bases de cara a aplicalas coa maior brevidade posible, posto deben ser aprobadas
polo pleno ao igual que as anteriores, e pediulle
que se actúe coa máxima celeridade nesta cuestión polos prazos
sinalados e porque segundo as bases aprobadas o prazo finalizaría a finais de novembro e o persoal a día de hoxe non ten
información ningunha sobre o procedemento da solicitude.
Resulta
lamentable que dous anos e medio despois de presentar a proposta de
novas bases o Comité o Concello paralizase hai meses a negociación
a pesar de que no propio pleno se comprometeu a seguir con ela hai
case un ano. Agardamos que cando menos o
Concello sexa quen de informar ao Comité sobre todo o relativo ás
axudas do ano 2014 e lle dea a publicidade pertinente á
convocatoria. En todo caso, coma sempre, cando os representantes do
persoal teñamos a información darémoslle toda a difusión
necesaria, tal e como levamos facendo estes últimos tres anos de
cara a que a todo o persoal se poida beneficiar deste dereito
recollido no convenio colectivo vixente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario